займ срочно

Compostela Ilustrada pon aos debuxantes a traballar

0

Compostela, 9 de novembro do 2018 – A xornada de Compostela Ilustrada enche a cidade de debuxantes que estarán en distintas localizacións ademais de ofrecer distintas actividades paralelas.

De dez a doce do mediodía os artistas estarán nos seguintes espazos: Javier Mariscal debuxa dende o Pazo de Raxoi, Maru Godas debuxa na Colexiata de Santa María a Real do Sar e as Brañas, Miguelanxo Prado debuxa no Pazo de San Lourenzo, Urumo debuxa no Parque de San Domingos de Bonaval, Carlos Silvar debuxa no Museo de Historia Natural, Juan Linares debuxa na Finca do Espiño e Ana Luisa Frazao debuxa no Parque da Música.

Ás  13.00 h da tarde terá lugar unha visita guiada a exposición O Camiño de Santiago debuxado de Joaquín González Dorao no Museo das Peregrinacións.

Xornadas de Ilustración Urbana

O Auditorio de Galicia acolle desde as catro as Xornadas de ilustración urbana, moderadas por Miguel Anxo Prado, co seguinte programa

16.00 – 16.30 h

Inauguración das xornadas a cargo de: Branca Novoneyra, concelleira de Acción Cultural de Santiago de Compostela; Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña.

16.30 – 17.20 h

Conferencia de Maru Godas: Debuxar en verdes

17.30 – 18.20 h

Conferencia de Alicia Aradilla: Un ano viaxando e pintando o mundo en acuarela

18.30 – 19.20 h

Conferencia de Carlos Silvar: Unha ollada natural

Outras actividades

A xornada acolle ademais a presentación  do libro Los Garriris de Javier Mariscal na Libraría Couceiro as oito da tarde.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies