Compostela abre a primeira Feira do Libro de todo o Estado

0

Compostela, 15 de xuño do 2020 – O concello de Santiago inaugurou este sábado a primeira Feira do Libro de todo o estado Español.

A Feira do Libro de Santiago chega así a XXXIX edición na Alameda de Compostela, con menos expositores e con medidas hixiénicas centradas sobre todo nas distancias de seguridade e na desinfección.

Compostela abre a primeira Feira do Libro de todo o EstadoA Feira, organizada pola Federación de Libreiros de Galicia, estará aberta ata o próximo día 21. O lema de este ano das feiras é “Non contaxian pero enganchan”, facendo referencia ao momento excepcional na que se celebran .

No acto participaron o Conselleiro de Cultura, Román Rodriguez; o alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo; Xurxo Couto, deputado de Cultura da Deputación da Coruña; Pilar Rodríguez, presidenta da Federación de Libreiros de Galicia, e a escritora María Solar que foi ademais a pregoeira. Solar lembrou o papel que xogaron os libros no confinamento e mostrouse orgullosa de ser a elixida para abrir a Feira xa que era Compostelá polos catro costados

Compostela abre a primeira Feira do Libro de todo o EstadoMedidas de seguridade

Dende a Federación de Libreiros púxose en marcha un protocolo de seguridade, que están compartindo con outras comunidades no que, ademais de garantir o mantemento da distancia de seguridade; colocáronse xeles hidroalcohólicos en cada caseta, para desinfectar as mans antes de poder tocar os libros. Ademais, os libros que se merquen sacaranse directamente de caixas, para evitar posibles contaxios, e as casetas desinfectaranse con luz ultravioleta durante a noite.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial