займ срочно

O concello de Santiago informa do positivo de 3 traballadores (01/09/2020)

0

Bisbarra, 1 de setembro do 2020 – A preguntas dos xornalistas o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, informou do positivo de 3 traballadores do concello.

Dous dos positivo corresponden a policías locais de vacacións e polo tanto non interferiron no traballo nin existiu posibilidade de contaxio. No departamento de persoal deuse outro positivo o que obrigou a facer probas aos contactos estreitos, probas que deron todas negativas. Sanchez Bugallo o explicaba así

O gromo do centro de distribución de Correos parece estabilizado en 13 positivos por Coronavirus. por outra banda na residencia Volta do Castro un novo positivo obrigará a facer novas PCR.

As cifras por concellos que facilitamos en Lindeiros non saen da Xerencia do Sergas que só comunica datos globais distribuídos por áreas sanitarias. Os datos que facilitamos son recollidos por Lindeiros das informacións públicas dos concellos, de conversas directas con colaboradores ou de fontes de confianza; por esta razón pode haber pequenas variacións ao longo dos días.

Na bisbarra seguen aumentando os casos en algúns concellos, imos cos últimos datos que puidemos recoller de distintas fontes

A Baña

16 casos, 10 confinados no concello e 6 confinados en outros concellos pero vinculados ao mesmo gromo. O concello pechou este luns as instalacións deportivas municipais: piscina e pistas polideportivas, os dous parques infantís que continuaban abertos en San Vicenzo e a Área recreativa de Chans.

Lalín

Chegan xa a 30 os positivos na capital do Deza. O concello está á espera de ver a evolución dos contaxios para decidir si comeza a suspender actividades.

Negreira

Aumenta tamén na vila nicrariense ata os 16.

Ordes

Volven a aumentar os casos na vila de Ordes e chegan xa a 19 positivos por Coronavirus, 3 más que antes da fin de semana.

Oroso

En Oroso podemos confirmar 17 positivos, todos asintomáticos e illados nas súas casas, corresponden a 3 familias distintas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies