Santiago(é)Tapas crece con Santiago(é)Cóctel

0

Compostela, 4 de outubro do 2019 – O concurso de tapas de Santiago, Santiago(é)Tapas, engade na edición 2019 un novo aliciente coa primeira edición do Santiago(é)Cóctel.

Hoxe venres ábrese a inscrición no Santiago(é)Tapas, un concurso organizado pola Asociación de Hostalería de Santiago, co apoio da Deputación da Coruña e o patrocinio de  Mahou. É a doceava edición e conta coa novidade de iniciar a andaina dun concurso de cócteles que se chamará, como é lóxico, Santiago(é)Cóctel.

Poderán participar nestes concursos todos aqueles locais de hostalaría situados no termo municipal de Santiago que o desexen, sempre que estean en posesión das licencias oportunas. Deberán rexistrarse para tal fin antes do 20 de outubro (cubrindo a folla de inscrición que se lles facilitará na Oficina Técnica do Concurso (rúa Salvadas, 29) ou no correo electrónico info@santiagoetapas.com .

A XII edición do Santiago(é)Tapas celebrarase do 14 de novembro ao 1 de decembro. Entre todas as tapas participantes seleccionaranse dez finalistas que competirán na final prevista para os días 6, 7 e 8 de decembro.

A I edición do Santiago(é)Cóctel celebrarase nas mesmas datas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial