Nova liorta en Compostela por conta do proxecto Smartiago

0

Compostela, 27 de agosto do 2019 – A Xunta de Goberno Local de Santiago adxudicou onte a oficina técnica do proxecto Smartiago dotado con seis millóns de euros.

O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, dicía na rolda de prensa posterior que Smartiago levaba dous anos de retraso e só se executaran 40.000 euros en este tempo. En todo caso o rexedor comprometeuse a dar a “maior celeridade posible para executar “en dous anos e catro meses o 99,3% do proxecto”. Referiuse tamén á posibilidade de solicitar unha prórroga. “En principio nos din que no é posible, pero imos intentar unha prórroga, cando menos, dun ano”, aclarou. Bugallo avanzou que en outubro sairán a licitación a renovación dos elementos de control de accesibilidade á cidade histórica; isto permitirá ademais de substituír elementos incorporar outros novos como o de Carretas.

 Compostela Aberta non tardou en respostar as declaracións do alcalde. Aclaraban en primeiro termo que “o convenio entre o Concello e o Ministerio de Economía para o proxecto Smartiago asinouse en decembro de 2017” facendo referencia a imposibilidade de acumular un retraso de dous anos xa que aínda non pasaron. O único retraso ten que ver, según CA, co recurso que paralizou a oficina técnica do proxecto.

Tamén quixeron lembrar que a licitación dos elementos de acceso que, según o alcalde, licitarase en outubro saíu xa a licitación o 4 de xuño pasado.

Doazón de cadro

O Goberno local tamén deu o visto bo á doazón dun lenzo sobre óleo do retrato de Francisco Javier Vázquez Enríquez, quen fora alcalde de Santiago de Compostela entre novembro de 1934 e febreiro de 1936. O Concello xa conta tamén co retrato de Ánxel Casal, polo que “nos faltaría o de Raimundo López Pol, elixido alcalde nas eleccións de abril de 1931, para completar a lista dos alcaldes da Segunda República”, apuntou Sánchez Bugallo, quen indicou que nos próximos días se porá en contacto coa familia do ex alcalde para buscar a fórmula para ter ese retrato.

O retrato de Francisco Javier Vázquez Enríquez foi pintado por Elvira Santiso. Acéptase a doazón do devandito cadro a cargo de María Concepción Vázquez de Benito, neta do ex alcalde. O acto formal de cesión realizarase mañá martes.

Liquidación de contrato

Noutra orde de cousas, acordouse a liquidación do contrato para a execución das obras de rexeneración do pavimento de calzada do eixo das rúas Ponte Marzán-Sandino-Cruceiro de Sar. Dáse traslado do informe de liquidación á empresa contratista, Asfalgal Técnicas Viarias, SL, á que se lle concede un prazo de 15 días hábiles para formular alegacións.

Outros asuntos

Ademais, a Xunta de Goberno iniciou o procedemento para adxudicar o servizo de desratización, cun tipo de licitación de 23.916,28 euros/ano + IVE, e iniciouse a tramitación para adxudicar varios cursos de formación dirixidos ao Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial