Redes sociais e plataformas dixitais nos Luns do Ateneo

1

Compostela, 4 de novembro do 2019 – As implicacións das redes sociais e das plataformas dixitais na sociedad, a influencia do que escribimos e do que lemos no que nos rodea será esta tarde o centro dunha nova sesión dos Luns do Ateneo.

Todo aquel que posúe un smartphone pode enviar mensaxes a miles de persoas en liña a traves das redes sociais. Conectámonos e tomamos decisións con só tocar un botón e, por isto, é importante que os usuarios comprendan as consecuencias que teñen as súas accións en internet. Sen embargo, a maioría destes usuarios non son conscientes do seu impacto nos demais así como da manipulación dos medios e, por este motivo, a alfabetización mediática é un dos requisitos máis importantes para fomentar o acceso equitativo á información e ao coñecemento para promover medios de comunicación e sistemas de información libres, independentes e pluralistas.

A creación dunha política que regule este tipo de aprendizaxe é o que vai defender o Catedrático de Xornalismo e Ciencias da Comunicación da UAB, José Manuel Pérez Tornero, na conferencia que levará por título “A caixa negra das redes sociais e as plataformas dixitais. Por unha política de alfabetización mediática”, ao centrarse especialmente nestes dous segmentos da rede.

A actividade desenvolverase, como todos os luns, ás 20h na Rúa do Vilar, 19, de Santiago, permitíndose a entrada libre e gratuíta dende as 19.55h ata completar a capacidade da sala.

José Manuel Pérez Tornero, experto en semiótica do audiovisual e en televisión educativa e cultural, é consultor da UNESCO  e a Unión Europea en materia de servizo público de televisión e de alfabetización dixital e mediática e forma parte do Grupo de Expertos de Alto Nivel da Comisión Europea en materia de alfabetización mediática.

Os seus actuais campos de estudo son a nova televisión no contexto dixital, a intelixencia artificial aplicada aos informativos, as competencias mediáticas e o pensamento crítico, o desenvolvemento da televisión educativa e cultural, os discursos mediáticos e os novos valores e prácticas do periodismo na era da posverdade. As principais orientacións das súas investigacións son o afondamento da democracia política e cultural global, o progreso da educación,  a promoción da cidadanía activa e cosmopolita e o fortalecemento da esfera pública da comunicación.

Share.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial