II Maratón Internacional de creación de Cortometrajes Kino Galicia

0

Compostela, 21 de xaneiro do 2020 – Compostela acollerá en febreiro a segunda edición de Kino Galicia, un  Maratón Internacional de creación de Cortometrajes.

Kino Galicia 2020 ten ata o momento 90 inscritos de 19 nacionalidades. Celebrarase do 10 ao 18 de febreiro e crece, con respecto a primeira edición celebrada en outubro do 2018, en participantes e en duración pasando de 6 a 8 días.

Kino GaliciaColaboración

Aínda están abertas as inscricións para reunir a un máximo de 100 cineastas procedentes de calquera parte do mundo: directores, actores, compositores, músicos, bailaríns, cámaras, técnicos de son, iluminación, etc. Como a maioría dos participantes non se coñece previamente, establécese unha rolda de presentacións e procédese a formar equipos de rodaxe multidisciplinares para, en dous bloques de 4 días cada un, elaborar polo menos, unha curtametraxe por equipo seguindo un formato de colaboración e axuda mutua. O último día de cada bloque proxectaranse en aberto, as películas creadas.

Escritores de diversos países enviaron unha trintena de historias para optar á selección dos que se gravarán durante o  Kino.

Kinolab no CGAC

Unha sala do Museo Galego de Arte Contemporánea (CGAC) será o  KinoLab (Laboratorio de cinema), centro neurálxico do evento onde se desenvolverá todo o proceso creativo excepto as rodaxes, que se realizarán en distintas localizacións de Santiago e arredores. As proxeccións, abertas ao público, serán o 14 e o 18 de febreiro, no Auditorio do Museo.

O obxectivo do Maratón é crear unha rede de contactos persoal e profesional de carácter internacional. Ata o momento, hai máis de 90 rexistrados de 19 nacionalidades diferentes.

A filosofía que subxace baséase na axuda mutua xa que non hai premios nin competición; a recompensa é realizar o curto coa mellor calidade posible xa que será resultado do traballo realizado polo propio equipo que poderán presentar e promocionar onde queiran.

Patrocinadores

Kino Galicia conta co apoio do programa “Ou  teu Xacobeo” (Xunta de Galicia); a Film  Commission e Turismo de Santiago de Compostela; o CGAC e marcas confirmadas como Sony, Renfe, Iberia, Alda  Hotels, ou Hotel Costa  Vella entre outras.

Kino Galicia

Kino GaliciaKino Galicia é unha asociación galega sen ánimo de lucro focalizada no audiovisual, parte do movemento internacional  Kino; un laboratorio cinematográfico no que se dan cita todas as profesións relacionadas co cinema para facer películas.

A asociación créase a finais de 2017 co fin de achegar o talento cinematográfico de fóra e  internacionalizar o galego a través da experiencia real de facer cinema independente combinando experiencia e nacionalidades nun ambiente distendido de cooperación. Movemento  Kino

O movemento  Kino nace en Montreal en 1999, cando un grupo de cineastas proponse o reto de producir un curto ao mes ata o ano 2000.

Un ano despois organizan un  Kino Lab e reúnen a persoas de distintos perfís do audiovisual: dirección, fotografía, actuación, música, efectos, etc.

Durante varios días combinan habilidades, talento e experiencias para crear películas de calidade compartindo, ademais, o seu propio material profesional.

Tras unha viaxe a Europa comezan a xurdir espontaneamente grupos  Kino en diferentes cidades, dando orixe ao que se converterá no Movemento  Kino, que continúa expandíndose naturalmente estando presente na actualidade, en máis de 80 cidades.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial