займ срочно

O campo da festa do Castiñeiriño e o arranxo dos muros de Fontiñas fora dos orzamentos de Compostela

0

Compostela, 1 de agosto do 2019 – O portavoz de Compostela Aberta, Martiño Noriega, analizaba onte en rolda de prensa os orzamentos que levará a pleno o novo goberno municipal e os consideraba políticos e nada técnicos.

Noriega dicía que si se trataba duns orzamentos “técnicos” como defendía o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, non se entendía que as partidas destinadas a participación veciñal quedaran fora. Falaba en concreto de obras comprometidas e con proxectos técnicos como o campo da festa do Castiñeiriño ou outros “que o PSOE consideraba urxentes no pasado mandato, como a construción do muro de Fontiñas para o que CA reservaba 300.000 euros”. Martiño Noriega sinalou que “o Goberno intentará explicar que non hai tempo para executar os investimentos, pero sen recoñecer que sen partida nos orzamentos nin sequera poderá iniciar a licitación das obras”.

Martiño Noriega valorou os orzamentos que se levarán a pleno

Martiño Noriega valorou os orzamentos que se levarán a pleno

Para Martiño Noriega, unha evidencia do pacto co PP para a aprobación dos orzamentos “é o contido da proposta que está políticamente escorada á dereita”. Nesa liña, o voceiro de Compostela Aberta lembrou a desaparición dos proxectos votados pola veciñanza nos Orzamentos Participativos, a baixada nun 45 por cento das partidas destinadas a Emprego, ou a diminución das achegas para Políticas Sociais.

No capítulo de investimentos, que pasa de dez a cinco millóns de euros, o concelleiro denunciou tamén que “a partida de Festas increméntase en case 600.000 euros, cando xa teñen pasado as festas da Ascensión e o Apóstolo, e nunha decisión que apunta a que Bugallo quere facerlle a competencia a Abel Caballero na iluminación de Nadal”.

Valoración política

Noriega lamentou que  “o alcalde Bugallo decidiu pactar as contas co PP, e fíxoo por convicción e non porque precisara buscar apoios fora do espazo progresista da corporación municipal”. Nesa liña, denunciou que “o PSOE non mantivo nin un só contacto con Compostela Aberta para explicar o contido dos orzamentos”.

O concelleiro mostrouse convencido de que “este acordo, que xa se viu no Pleno de constitución da Corporación municipal, conta co visto bo de Alberto Núñez Feijóo pero non co de Gonzalo Caballero, nun momento no que o PSdeG quere presentarse como alternativa ao PP na Xunta de Galicia”.

Do mesmo xeito, Martiño Noriega sinalou que “sorprende ver a concelleiros e concelleiras como Sindo Guinarte ou Mercedes Rosón que presumían de querer favorecer gobernos progresistas, e que agora forman parte desta estraña procesión dos caladiños”. Tamén lembrou as críticas do PSOE no pasado mandato “que se seguían queixan despois de ducias de reunións para falar de orzamentos, lembrando que Compostela Aberta gobernaba cunha minoría de dez concelleiros, casualmente nunha situación idéntica á actual”.

Pregunta sobre os Fogos do Apóstolo

Na súa comparecencia diante dos medios, Martiño Noriega tamén anunciou que Compostela Aberta tén rexistrada unha pregunta ao Goberno sobre os Fogos do Apóstolo, despois de que no espectáculo aparecera a imaxe da exValedora do Pobo no apartado no que se lle rendía homenaxe ás mulleres galegas. O concelleiro lamentou que “Milagros Otero fora posta ao mesmo nivel de mulleres como Rosalía de Castro, xusto cando vén de oficializar a súa dimisión obrigada pola sentenza do TSXG que confirma que cometeu desvío de poder na contratación da sobriña de Manuel Fraga”. Compostela Aberta quere saber se o Goberno revisou o guión do espectáculo, e se adoptou algunha medida para eliminar a imaxe de Milagros Otero despois de que se coñecera a súa aparición, no ensaio previo á noite do 24 de xullo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies