Daimon y la jodida lógica de Matarile Teatro chega a Compostela

0

Compostela, 1 de xullo do 2020 – Este venres o Auditorio de Galicia e o Teatro Principal volven a vida con Daimon y la jodida lógica de Matarile Teatro.

A concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, foi a encargada de presentar onte esta proposta xunto a a Ana Vallés e Baltasar Patiño. A peza de Matarile Teatro preséntase o venres 3 de xullo ás 20:30 h, no Auditorio de Galicia. Ábrese así a programación de Volvemos á escena! que recupera sete dos espectáculos adiados pola alerta sanitaria. Daimon y la jodida lógica é a última creación de Matarile Teatro dirixida por Ana Vallés. Gran formato que sube ata nove intérpretes á escena.

Daimon y la jodida lógica de Matarile Teatro chega a CompostelaProtocolos de seguridade

A información do protocolo de acceso, entradas e saídas de forma graduada para os espectáculos, pode consultarse na web compostelacultura.org. En todo momento primará a o mantemento da distancia de seguridade e será obrigatorio o uso de máscara e a desinfección de mans.

Con respecto ao despacho de billetes, sempre que sexa posible, recoméndase a adquisición de entradas a través da plataforma compostelacultura.org. Neste sentido, cómpre indicar que o límite de aforo é agora de 147 localidades na Sala Ángel Brage do Auditorio de Galicia e de 77 butacas no Teatro Principal. A billeteira do Auditorio de Galicia abrirá so o día do espectáculo unha hora e media antes do comezo. E a do Principal estará aberta de martes a sábado de 18:00 a 21:00 h.

Volvemos á escena! – Xullo 2020

Despois desta estrea, a programación de Volvemos á escena! – Xullo 2020 continuará, xa no Teatro Principal, onde poderase seguir gozando de compañías e intérpretes galegos/as de danza, teatro e música. Todas as funcións serán no Teatro Principal ás 20:30 h:

– Nova Galega de Danza presenta o 4 de xullo Leira, un espectáculo de danza e música que nos transporta á dura beleza dos labores do campo.

– Os días 7 e 8 de xullo, Redrum Teatro estrea O mozo da última fila, a versión en galego do afamado texto de Juan Mayorga, unha das pezas máis destacadas da dramaturxia europea dos últimos tempos.

– O 9 e 10 de xullo, Marelas Producións presenta Liberto, obra que revisa os límites socialmente acordados, un relato honesto de como xestionar a dor e de como seguir avanzando.

Daimon y la jodida lógica de Matarile Teatro chega a Compostela– Da man de Volta e Dalle, o 11 e 12 de xullo representarase Falar por falar, un achegamento á realidade da lingua dende a propia vivencia dos falantes e os non falantes.

– A conquista da escola Madhubai, de Teatro do Atlántico, terá dúas funcións o 14 e 15 de xullo. Hèléne Cixous, a autora, inspírase na historia de Phoolan Devi, coñecida como “a raíña dos bandidos”, quen foi unha destacada referencia para o feminismo autóctono indio.

– E péchase esta volta á escena do mes de xullo con música. Mercedes máis eu é produto da colaboración entre a artista Janet Novás e a compositora Mercedes Peón.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial