Compostela destinará 3 millóns de euros a reactivar a economía

0

Compostela, 7 de abril do 2020 – Cos orzamentos aprobados o concello de Santiago se prepara para reactivar a economía cando pouco a pouco se vaia saíndo do confinamento.

Na Xunta de Goberno Local de este luns aprobouse un primeiro borrador de medidas para apoiar a economía local tras a crise do Coronavirus. En este mes de abril está previsto que as primeiras accións poidan estar en marcha e estarán destinadas a comerciantes, autónomos e pequenas empresas. O orzamento total para estes programas será duns tres millóns de euros.

Ademais das campañas de concienciación e comunicación, o concello ten previsto axudas para pagar xuros e gastos de créditos, un programa de innovación e un servizo de asesoramento en liña.

Sánchez Bugallo apuntou que “Unha parte das medidas irán con cargo ao orzamento de 2020, e outra parte haberá que complementala con modificacións orzamentarias ou co superávit, de producirse a autorización do Estado para destinalo tamén a este fin”. Sobre isto, lembrou que hai unha petición formal da FEMP e espera que “o Goberno sexa sensible e rápido e teñamos unha contestación nos próximos días”.

Tamén en relación co comercio, o alcalde adiantou que “estamos preparando un outlet moi amplo para o final da primavera. En calquera caso, dado que “non temos garantido a día de hoxe que se poida facer en primavera”, indicou que se valorará co sector “se o temos que deixar para setembro”. O obxectivo deste mercado será o “darlle saída aos stocks que compraron os empresarios da temporada primavera-verán e aos que lle necesitan dar saída”.

Promoción económica

Outro paquete de medidas –anunciou o rexedor, están relacionadas coa promoción económica, incluíndo programa de desenvolvemento empresarial, estudios e traballos de orientación nesta nova etapa tras a crise, medidas de apoio a través de Uninova e un programa de axudas para pago de intereses (semellante ao do comercio) para autónomos e pequenas empresas. Sobre este programa, explicou que terá un crédito inicial de 100.000 euros con cargo ao orzamento 2020, pero que a intención é amplialo ata os 300.000 euros. Tamén se referiu á ampliación do convenio coa Cámara de Comercio para canalizar a través da mesma as tarefas de asesoramento, sumando outros 50.000 euros á partida inicial polo mesmo importe.

Emprego

En materia de creación de emprego, está prevista a posta en marcha de programas de cualificación profesional, nos que se apostará prioritariamente polos cursos online. Ademais, manterase o Talentia Summit e os programas de contratación directa, maioritariamente conveniados coa Xunta, por importe de 1,4 millóns de euros. O Goberno municipal tamén destinará 300.000 euros a subvencións á contratación directa.

O alcalde cifrou o orzamento necesario para todas estas medidas de activación económica en tres millóns de euros, dos que “algo máis de dous irían a cargo aos orzamentos de 2020, que habería que suplementar con outro millón de euros con cargo ao superávit ou mediante modificacións orzamentarias”. En calquera caso, para a posta en marcha destes programas neste mesmo mes de abril, formulou a posibilidade de utilizar créditos ampliables, de xeito que “tamén en función da demanda real, logo poidamos suplementar partidas”.

Propostas fiscais

Na Xunta de Goberno tamén se falou das medidas fiscais tamén para facer fronte á crise do coronavirus. O alcalde indicou que se levarán a un pleno extraordinario ao longo deste mes de abril. Entre as medidas citou as relativas ás terrazas do sector hostaleiro, as destinadas a actuar sobre determinados recibos, como o do lixo, e a modificación de prazos noutros tributos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial