займ срочно

Mellora do Camiño Inglés no Polígono do Tambre

0

Compostela, 15 de xullo do 2020 – A imaxe do Camiño Inglés na entrada de Compostela polo polígono do Tambre ven de recibir unha importante mellora co remate das oobras de integración paixasística.

A actuación no Camiño Inglés foi executada pola Xunta de Galicia, en coordinación co Concello de Santiago. Contou cun investimento de 1.840.860,65 euros, que permitiron acondicionar un tramo de 811 metros da ruta e dotalo dun ancho igual ou superior aos 3,5 metros, gañando en integración, en visibilidade e en comodidade.

Os traballos permitiron delimitar o ámbito da ruta xacobea da zona de naves industriais a través de cerramentos metálicos e vexetais, e adecuar a parte traseira do cemiterio de Boisaca, convertendo unha explanada nun espazo coidado, verde e humanizado. Tamén se incorporou mobiliario urbano, con elementos singulares como luminarias, cubre-contedores, detalles nos bordos ou a disposición da vexetación.

Mellora do Camiño Inglés no Polígono do TambreA conselleira de Infraestruturas en funcións, Ethel Vázquez; os concelleiros de Turismo, Sindo Guinarte; e de Barrios e Obras, Javier Fernández, así como varios membros dos grupos municipais, supervisaron o remate das obras. O proxecto enmárcase na mellora das entradas dos Camiños na cidade, que contan cun orzamento, segundo Ehtel Vázquez, duns 10 millóns de euros, e contemplan actuacións en catro áreas: no Camiño Inglés; no Camiño Francés en San Lázaro e na avenida de Lugo; e na entrada do Camiño Portugués, en Conxo.

As obras supervisadas están prácticamente finalizadas, á espera de retirar os postes de alta tensión e doutros remates menores. No acto tamén estaban presentes o presidente da Asociación Área Empresarial do Tambre, José Fernández Alborés, e os edís do PP, Ramón Quiroga; de Compostela Aberta, Jorge Duarte; e do BNG, Goretti Sanmartín.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies