Enlace orbital e mellora do firme do periférico para comezar o ano en Compostela

0

Compostela, 7 de xaneiro do 2019 – Boas novas para comezar o ano en Compostela xa que o Ministerio de Fomento ven de anunciar a licitación do remate do Orbital e de mellora do firme do periférico.

As obras de remate do enlace orbital completará todos os movementos posibles entre a estrada AP-9 e a autovía a Lugo, A-54. A actuación no punto quilométrico 91 en San Marcos repercutirá tamén na comunicación dos polígonos do Tambre e Costa Vella.

Características técnicas

Cun orzamento de máis de 25 millóns de euros as obras consistirán na construción dunha nova ligazón no  PK 64+500 da AP-9, resolvido mediante unha glorieta superior sobre o tronco da autoestrada AP-9 e catro novos ramais.

A ligazón Orbital, conectarase de forma directa mediante un novo vial con sección de autovía (dous carrís por sentido con mediana) de 800  m de lonxitude, coa actual ligazón de San Marcos da A-54 ( PK 91).

Así mesmo, executarase un novo carril de  trenzado ( PK 66) entre os vehículos que se incorporan sentido A Coruña ao tronco desde a ligazón Santiago Norte, cos vehículos que saen desde a AP-9 cara á ligazón Orbital.

Esta nova ligazón permitirá desconxestionar tráficos da actual ligazón de Santiago Norte ( PK 67) da AP-9 en horas punta, onde conflúen tanto os tráficos que se dirixen cara ao centro cidade como os xerados polos polígonos industriais antes citados. Desta forma os tráficos cara aos polígonos pasarán a encamiñarse preferentemente a través da nova ligazón Orbital.

Finalmente, a nova ligazón Orbital completará as conexións entre a AP-9 e o aeroporto internacional de Lavacolla.

Mellora do periférico

O Ministerio de Fomento licitou tamén o contrato de obras para acometer traballos de rehabilitación e  repintado do firme do periférico de Santiago de Compostela,  SC-20, entre o Polígono do Tambre e a glorieta de Milladoiro, na provincia da Coruña.

O orzamento de licitación do contrato é de 241.903 euros. O proxecto prevé efectuar unha reparación do firme nos tramos en peor estado mediante  fresado e posterior reposición do mesmo, para posteriormente mellorar a capa de rodadura do firme na totalidade do tramo de  SC-20 entre o Polígono do Tambre ( pk 0+000) e Milladoiro ( pk 10+350), ademais de incluír o  repintado final das marcas viarias das calzadas do tronco.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial