займ срочно

A ministra Reyes Maroto di que o goberno “é o primeiro peregrino do Xacobeo 2021”

0

Compostela, 6 de marzo do 2020 – A ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes  Maroto, reuniuse co alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, para abordar a promoción internacional do Ano Santo 2021.

Reyes  Maroto sinalou que o Goberno “é o primeiro peregrino do Xacobeo 2021, xa que está a executar obras en municipios e provincias para garantir o éxito do Ano Santo e impulsando accións de promoción para incrementar a súa notoriedade. A ministra avanzou un investimento de 92 millóns de euros e acordos en materia de patrimonio, infraestruturas e gastronomía

Plan de Marketing 2020 de Turespaña

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, a través de Turespaña, elaborou un Plan de Marketing que inclúe unha estratexia de promoción en colaboración coas Comunidades Autónomas. Esta actuación coordinada ten como obxectivo, segundo  Maroto, “aumentar a súa difusión, impacto, eficacia e rendibilidade”.

A ministra Reyes Maroto di que o goberno "é o primeiro peregrino do Xacobeo 2021"O Plan fai especial fincapé no desenvolvemento de accións adaptadas aos diferentes perfís de demanda dos mercados turísticos internacionais. Están programadas máis de cen acciones, que inclúen viaxes de familiarización, presentacións a medios de comunicación, viaxes inversas, accións directas ao público e márketing  online.

En coordinación coa Xunta, o punto neurálxico das accións de promoción será a oficina de Turespaña en Roma. Instalarase unha pantalla interactiva cun mapa do Camiño, realizaranse presentacións multimedia a público final, medios de comunicación e profesionais do sector, levarán a cabo acciones con axentes de viaxes e dinamizarase toda a información en redes sociais. Así mesmo, Turespaña habilitará un sitio web, e distribuirá material escrito e vídeos de produción propia en varios idiomas.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies