займ срочно

Festa inmersiva no Modus Vivendi

0

Compostela, 18 de outubro do 2019 – O Pub Modus Vivendi acolle este sábado, desde as sete da tarde, a proxección dunha curta dentro do proxecto O Camiño Inmersivo.

O Modus Vivendi acolle con este evento un novo xeito de vivir o cinema. O público pasa a estar dentro da historia e convértese en co protagonista da historia e do que ocorre nela. As decisións do público pasan a ser de vital importancia para o devenir da historia que se conta.

cine inmersivo no Modus VivendiA experiencia, chamada inmersión, é novidosa en Galicia e conxuga elementos do cinema coa improvisación teatral, mesturando actores profesionais con participantes para crear un produto único cada vez, sen renunciar a unha alta calidade cinematográfica.

Na ‘festa inmersiva’ do sábado proxectarase a curta gravada en A Rúa o sábado 28 de setembro. Ademais da proxección, contarase coa pinchada de Russinha DJ, así como petiscos para os asistentes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies