Unha mostra en Fonseca presenta a Vía Láctea como guía de peregrinos

0

Compostela, 10 de setembro do 2019 – A mostra fotográfica ‘Vía Láctea, guía de Peregrinos a Galicia’ foi inaugurada no claustro alto de Fonseca este luns e permanecerá ata finais de mes.

A Vía Láctea é a protagonista de 40 láminas de gran formato, realizadas en aluminio, e seleccionadas do libro editado por Lúdica7 Galicia un lugar mágico para contemplar las estrellas. As fotografías realizadas por Daniel Llamas e Daniel Lois mostran a aparición da Galaxia dende diferentes lugares únicos de Galicia.

Comisariada por Alfonso Freire, editor do libro de Lúdica7, e pola escritora e catedrática de Matemáticas María Victoria Veguín Casas, autora de La Vía Láctea Camino de dioses, almas y peregrinos. O libro de Victoria Veguín foi o que serviu de fío condutor para este nova proposta expositiva, integrada nos actos promocionais do Xacobeo 21.

En opinión dos seus comisarios, trátase dunha “proposta pioneira por canto reflexiona sobre a importancia que ao longo da historia tivo a Vía Láctea como guía dos peregrinos a Compostela para ver e honrar a tumba do Apóstolo”. Alfonso Freire e María Victoria Veguín lembran como xa dende a publicación do Códice Calixtino esta galaxia foi “unha mancha blanquecina que os peregrinos observaban no seu camiñar a Galicia”.

A proposta fotográfica de Daniel Llamas e Daniel Lois, engaden os comisarios, é ademais unha invitación a “reflexionar sobre a necesidade de non perpetuar a contaminación lumínica no Camiño de Santiago, desenvolvendo accións en favor do ceo nocturno e da observación de estrelas”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial