O Museo do Pobo Galego volve a vida

0

Compostela, 1 de xuño do 2020 – Un dos mellores museos sobre Galicia e os Galegos, o Museo do Pobo situado en Bonaval, abre de novo as súas portas tras dous meses de inactividade.

O pasado  14 de marzo o Museo do Pobo Galego veuse obrigado a pechar en cumprimento da normativa sanitaria vixente para espazos públicos pechados. Obriga e responsabilidade co fin de impedir a transmisión do virus Covid-19 e garantir a seguridade do persoal e do público do Museo.

O Museo do Pobo Galego volve a vidaDespois de dous meses e medio, o Museo pode volver a abrir para o que adoptou unha serie de medidas co fin de garantir o dereito de acceso da cidadanía á cultura. O público visitante deberá ter en conta unha serie de indicacións ao acceder ao Museo, indicacións que terán expostas na entrada da  entidade onde o persoal estará tamén para axudar e responder a calquera dubida e que tamén estarán dispoñibles na páxina web do Museo.

A estas indicacións xerais que veñen da normativa sanitaria, o Museo tamén acometeu traballos de sinaléctica e adaptación dos aforos e da circulación para manter a distancia recomendable entre o público visitante.

Para adaptarse mellor a nova situación estableceuse un novo horario de apertura con xornada continuada, que vai de 11.00 ás 18.00 horas, e os domingos de 11.00 ás 14.00 horas. Mantense o habitual peche dos luns para o público. Este horario estará en vigor desde o este martes 2 de xuño, xornada na que a entrada vai ser de balde.

O Museo do Pobo Galego volve a vidaO Museo reabre programando a micro exposición titulada A peste, outra vez!. Realizada con fondos propios estará instalada no andar alto do claustro durante os meses de verán. Ademais, o día 9 de xuño volverase a abrir a mostra As pequenas cousas, que viu diminuído o seu tempo de exposición por mor desta pandemia.

O acceso á biblioteca e arquivo quedará restrinxido a persoas investigadoras e a atención prestarase preferentemente de maneira telemática. En caso de necesaria atención presencial, será con cita previa.

Na web www.museodopobo.gal  pódese consultar toda a información e actividades.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial