O Museo de Historia Natural da USC ofrece unha visita virtual a mostra  ‘Epidemias nun mundo conectado’

0

Compostela, 21 de abril do 2020 – O Museo de Historia Natural da USC ofrece unha visita virtual a mostra  ‘Epidemias nun mundo conectado’, unha exposición activa cando se declarou o estado de alarma.

Desde o museo explican que comprender a actual problemática do novo virus SARS-CoV-2 dende unha perspectiva histórica e dentro do marco global das pandemias é unha das finalidades da mostra ‘Epidemias nun mundo conectado’.

A exposición, impulsada dende o Museo de Historia Natual (MHN) da USC,pode visitarse dun xeito virtual. En ela se explica como os factores humanos, animais e ambientais contribúen á expansión dos brotes epidémicos nun mundo globalizado, onde os axentes infecciosos se moven libremente entre fronteiras.

O 12 de decembro de 2019, case simultaneamente coa detección do primeiro caso da COVID-19 en China, o MHN inauguraba a exposición ‘Outbreak: Epidemics in a connected World’ (Abrochos: Epidemias nun mundo conectado). Esta mostra foi realizada en conmemoración do centenario da coñecida como gripe española e responde á grande preocupación amosada polos científicos e organizacións sanitarias mundiais, polo enorme perigo potencial de novos brotes epidémicos nun mundo tan globalizado. Apenas tres meses despois da súa inauguración, o 11 de marzo, a OMS declarou unha nova pandemia, orixinada polo SARS-CoV-2, coas consecuencias xa coñecidas.

O Museo quere facilitar agora aos cidadáns o acceso virtual aos contidos desta exposición para que poidan ser visitados a través da súa web e das súas redes. Os contidos intentan achegar a cidadanía á importancia da investigación en microbioloxía a través dunha linguaxe moi sinxela.

A exposición estivo organizada orixinariamente polo Smithsonian National Museum of Natural History de Washington, en colaboración con diversas entidades internacionais. Contou asemade coa financiación da American Society for Microbiology, a través do seu programa de Embaixadores Internacionais, e a colaboración do Concello de Santiago de Compostela e a propia USC.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial