Nace Comercio Punto Compostela

0

Compostela, 25 de setembro do 2019 – Santiago conta xa cunha nova asociación de comerciantes baixo o nome de Comercio Punto Compostela.

Comercio Punto Compostela nace con máis de cen socios e coa intención de ofrecer servizos innovadores como o ticket dixital ou a venta online na páxina www.comerciogalicia.com que xestiona a Federación Galega.

O novo colectivo foi presentado onte coa presenza dos portavoces do BNG, Goretti Sanmartín, Compostela Aberta, Martiño Noriega, Partido Popular, Alejandro Brunete, e o alcalde Xosé Sánchez Bugallo xunto coa Directora Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Sol María Vázquez.

Sumar esforzos

Presentación Comercio Punto CompostelaO presidente, José Antonio Seijas, explicaba que Compostela necesitaba unha nova asociación que servirá en toda a cidade e en tódolos sectores. No mesmo sentido se pronunciou o alcalde Xosé Sánchez Bugallo que dixo que “votábase de menos unha asociación como a que fora no seu día Acotex”.

A Directora Xeral de Comercio, Sol María Vázquez, falaba tamén da necesidade de colaborar entre administracións para impulsar un comercio de calidade, sobre todo de cara ao vindeiro xacobeo.

Promoción e asesoramento

Comercio Punto Compostela ofrecerá aos asociados asesoramento de distinto tipo, desde legal ao referido a axudas e subvencións. A representación dos socios diante da administración e outros organismos e os plans de formación e dixitalización son tamén obxectivos do colectivo.

A asociación formará parte ademais das campañas publicitarias e de promoción da Federación Galega de Comercio. Tamén impulsará accións propias como a que preparan para este Nadal co reparto de bolsas ecolóxicas entre os comerciantes.

Contacto

A asociación ofrece ademais un teléfono gratuíto de atención, 900103087, e a dirección de correo puntocompostela@comerciogalicia.es

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial