Compostela adxudicará obras no rural por máis dun millón de euros

0

Compostela, 27 de maio do 2020 – O concello de Santiago abre o proceso de adxudicación de cinco obras no rural que supoñen un investimento de máis dun millón de euros.

A Xunta de Goberno aprobou os expedientes incluídos no Plan de Obras e Servizos da Deputación. As obras no rural abarcan desde melloras en estradas e pontes a construción de parques infantís.

O Eixo

Construiranse dúas pistas polideportivas multiúsos no lugar de Carregal e un parque biosaudábel no entorno da igrexa do Piñeiro no Eixo, o tipo de licitación é de 140.000 euros. Prevese a pavimentación da área de terra para obter unha pista multideporte; melloras no acceso á parcela, xerando un acceso rodado; a creación dun espazo biosaudable, colocando seis elementos: volante, xiro de cintura, sube e baixa, patíns, remo e surf; e outras obras auxiliares.

Rúa Santa Teresa de Jornet

Na rúa de Santa Teresa de Jornet actuarase no tramo comprendido entre a antiga estrada N-634 e a residencia de maiores de San Marcos. Rexenerarase e reforzarase o pavimento, actuando tamén nas cunetas e nas redes de sumidoiros. O tipo de licitación é de 219.106 euros e o prazo de execución de catro meses.

Ponte de Vidán

A obra cun maior investimento, 447.065 euros, é a de reparación e consolidación da ponte de Vidán. Realizarase un novo taboleiro cunha anchura prevista de 5,60 metros, distribuíos entre os 3,50 metros da calzada e 1,5 metros da beirarrúa. O prazo de execución é de cinco meses.

Coto dos Olmos

O POS tamén recolle a execución dun parque infantil en Coto dos Olmos, obra á que se destinan 56.775 euros, cun prazo de execución de tres meses. A instalación contará, entre outros elementos, con columpio, xogo infantil de trepar e unha instalación multixogo. Ademais, acondicionarase o acceso á area de xogos e colocaranse luminarias, un banco de madeira e unha fonte de auga potable.

Paredes de Laraño

A quinta obra presentada este martes é a da senda peonil e de reforzo da calzada en Paredes de Laraño, cun tipo de licitación de 167.827 euros e un prazo de execución de catro meses. Darase continuidade á senda peonil existente na estrada Bugallido-A Barcia ata o Centro Sociocultural de Laraño e reforzarase o pavimento da calzada no tramo de estrada afectado.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial