займ срочно

A insolación de 2019 estivo por riba da media anual das últimas tres décadas

0

Compostela, 7 de xaneiro do 2019 – Os datos recollidos ao longo do pasado ano polo Observatorio Astronómico Ramón María Aller da Universidade de Santiago demostran que a insolación de 2019 estivo por riba da media anual das últimas tres décadas ma cidade.

Os datos rexistrados neste centro, colaborador da Axencia Estatal de Meteoroloxía, poñen de manifesto que, ademais de do incremento da insolación, no que respecta a chuvia foi un ano normal na contorna de Compostela. “Ao terse acumulada a meirande parte da precipitación no último trimestre, deu a sensación dun ano 2019 moi chuvioso e de pouco Sol, porén dado que nos nove primeiros meses a choiva caída foi máis ben pouca, resultou ao final un ano pluviométricamente normal na contorna de Compostela”, apuntou José Ángel Docobo Durántez, director do Observatorio.

De xaneiro a setembro, incluído este último, recolléranse 894,0 litros/m2, en tanto que de outubro a fin de ano foron 977,2 litros/m2. Así as cousas, os 1.871,2 l/m2 de precipitación total en 2019 só superaron lixeiramente a media das últimas décadas situada en 1.800 l/m2.

Maio foi excepcionalmente seco con só 47,5 l/m2, pola contra novembro repetiu como o mes mais chuvioso (con 431,9 l/m2 repartidos entre os seus 30 días), seguido de decembro (288,4 l/m2). Entre os días 10 e 21 de decembro chegaron a caer 270 l/m2. Asemade, en 2019 houbo 17 días nos que a choiva superou os 30 litros/m2, destacando o 14 de decembro (68,5 l/m2) e o 5 de marzo (67,7 l/m2). Destes 17 días, catro corresponderon a decembro, tres a novembro, dous a xaneiro, abril e outubro, e un a febreiro, marzo, xuño e agosto.

“O total de días con precipitación foi de 186 (51% dos días do ano). Este número baixa a 166 (45,5%) se non se contan aqueles con choiva inapreciable (menos de 0,1 litros /m2). Estes rexistros son totalmente normais na climatoloxía de Santiago”, sinala Docobo. No ano recentemente finalizado non nevou, e houbo treboadas en 9 xornadas.

Temperatura máxima en maio

“O bo tempo desfrutado no mes de maio deu lugar a un feito pouco habitual, que foi que a temperatura máxima de 2019 acontecera nese mes”, apunta Docobo. “Non é raro que en maio haxa temperaturas por riba dos trinta graos, especialmente na segunda quincena. Velaí os 34º9 daquel 29 de maio de 2001, ou os 33º1 do 31 de maio de 2012, por poñer uns exemplos, pero o que si é moi destacable é que a temperatura máxima do ano teña lugar no mes de maio”, destaca. Efectivamente, os 33º7 medidos o 31 de maio de 2019 superaron aos 32º6 do 22 de xullo, aos 32º4 do 22 de agosto, e aos 32º3 do 3 de setembro.

Ao longo do pasado ano o termómetro pasou dos 30º en 14 xornadas: catro delas en maio, catro en xullo, tres en setembro, dous en agosto, e unha en xuño. A temperatura máxima mais baixa tivo lugar o 16 de decembro con só 7º4. Unicamente se rexistraron mínimas baixo cero dentro da cidade en dous días: o 3 de febreiro con unha temperatura de -0º8 (mínima do ano), e o 5 de xaneiro con -0º6. A mínima máis alta correspondeu aos 18º3 do 17 de agosto. “As temperaturas máximas foron anormalmente elevadas os días 25 e 29 de decembro con 19º5”, apuntan dende o Observatorio.

Insolación

Asemade, a insolación de 2019 estivo por riba da media anual das últimas tres décadas. Rexistráronse 2.213 horas e 31 minutos de Sol no Campus Vida da USC, o que supón un 50,5% das posibles horas de sol. Tan só en 2005, 2016, e 2017 superáronse estes valores.

“Cómpre salientar os 114 días nos que o sol brillou en Compostela máis de 9 horas, e aquelas outras 74 veces nas que a insolación estivo entre 6 e 9 horas. Pola contra, en 47 ocasións, fundamentalmente no último trimestre, o astro rei non compareceu nos ceos da capital de Galicia. A media anual dos días en que isto ocorre é de 55”, afirma o director do Observatorio.

No que se refire a horas de Sol, no lado negativo estiveron outubro (101 horas e 55 minutos), decembro (93h 35m), e sobre todo novembro (51h 30m). Positivamente hai que destacar a xullo (265h 10m) e agosto (262h 30m), pero sobre todo de novo a maio con 311 horas e 45 minutos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies