O Hotel Porta do Camiño apúntase ao Ioga

0

Compostela, 16 de xullo do 2020 – O Hotel Porta do Camiño, da cadea OCA, continúa ampliando o número de actividades que oferta a clientes e veciños e incorpora os sábados de Ioga.

O director, Lalo Crespo, explica que o Porta do Camiño que seguir sendo un punto de encontro e de referencia na capital galega ofertando distintas experiencias. A partir de este sábado, día 18, incorpora con esa intención clases de ioga dunha hora de duración en colaboración con Alma Zen.

O Hotel Porta do Camiño apúntase ao IogaCatarina Rodrigues será a encargada de guiar aos presentes. Fai ioga desde 2010, pero só en 2017 empezou unha práctica regular que a levou a formarse en  hatha  vinyasa ioga con Amelie  Strecker ( YogaRoom, Barcelona) e Mónica Rodríguez ( AlmaZen de Ioga). Desde entón segue ampliando os seus coñecementos tanto en ioga para embarazadas, como en  yin ioga.

Da man de Alma  Zen de Ioga, e en horario de 10 a 11 da mañá, por un prezo de seis euros, a experiencia non só irá dirixida aos hóspedes aloxados no hotel, senón a todo tipo de público interesado en practicar esta filosofía oriental, a cargo dunha instrutora profesional e nunha contorna formidable.

Para reservar as sesións dos sábados, poden poñerse en contacto co hotel no 981 569 400 ou con  AlmaZen de Ioga no 659613447. Serán grupos reducidos de como máximo 40 persoas. E haberá condicións especiais para grupos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial