Orujo de Galicia abriu en Santiago o ciclo “Los cinco elementos”

0

Compostela, 20 de xullo do 2020 – O Consello Regulador dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia iniciou en Compostela o seu programa “Orujo de Galicia. Los 5 Elementos no Hotel OCA Porta do Camiño de Santiago.

Orujo de Galicia abriu en Santiago o ciclo "Los cinco elementos"Este ciclo de catas  musicalizadas sorprendeu a todos os asistentes na súa primeira sesión cunha cata de queimada con Orujo de Galicia, en alusión ao primeiro dos elementos, o lume.

A cita contou coa presenza do director da  Axencia  Galega de  Calidade Alimentaria, Manuel Rodríguez; do vicepresidente do Consello Regulador, Miguel Oliveira; do alcalde Boqueixón, Manuel Fernández  Munín, e do director do Hotel OCA Porta do Camiño,  Lalo Crespo. Oliveira encargouse de dar a benvida ás persoas asistentes e agradeceu o apoio das institucións a este tipo de iniciativas.

Orujo de Galicia abriu en Santiago o ciclo "Los cinco elementos"A vogal do Consello Regulador e enóloga, Sonia Otero, foi a encargada de dirixir a cata comentada de tres destilados amparados pola Indicación Xeográfica Orujo de Galicia. “A través desta degustación puidemos mostrar ao público asistente os matices que os augardentes 100% galegos teñen dependendo da variedade de uva que se utilice para a súa elaboración”, explicou Otero. Así, mostráronse as características diferenciadoras no olfacto e padal, principalmente, de Orujo de Galicia con base de albariño,  godello e mencía.

Orujo de Galicia abriu en Santiago o ciclo "Los cinco elementos"Cos matices nos sentidos dos asistentes, a artista multidisciplinar Rebeca Ponte estreou a primeira das 5 pezas musicais inspiradas nos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. Neste caso, a letra da canción fai referencia á tradición e cultura que se encerran en cada unha das botellas do augardente con indicativo de calidade e de orixe. Rebeca Ponte estivo acompañada pola percusión de Carlos Barral.

Entre a degustación e a música procedeuse á elaboración de 3 queimadas en directo. En cada unha delas utilizouse un augardemte elaborado coas distintas variedades de uva anteriormente mencionadas. Así, a segunda parte da sesión centrouse en comparar como os matices da materia prima nos destilados tamén se poden distinguir noutras elaboracións, como a queimada.

O ciclo continuará a súa andaina na Coruña, cunha sesión centrada no aire. A seguinte cita será en Chantada, dentro festival Sacra  Experience, co  éter como protagonista, mentres que a cuarta cata  musicalizada trasladarase a  Berán-Leiro, dentro do proxecto Ribeiro  Land Art, e versará sobre a terra. Finalizará o ciclo Bagazo de Galicia. Os 5 Elementos no Grove, cunha actividade final centrada na auga.

Todas as catas son de carácter gratuíto, previa inscrición a través do e-mail orujo@orujodegalicia.org ou enviando unha mensaxe directa aos perfís en redes sociais do Consello Regulador Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. As prazas son moi limitadas co fin de garantir todas as medidas hixiénico-sanitarias esixidas pola nova normalidade.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial