Os novos orzamentos de Santiago aumentan a partida de festas pero buscarase a colaboración dos comerciantes

0

Compostela, 2 de agosto do 2019 – O concelleiro Gonzalo Muiños fixo unha valoración das festas do Apóstolo e, a preguntas dos xornalistas, explicou as intencións de cara as de Nadal.

Muiños fixo unha valoración moi positiva das festas do Apóstolo e aproveitou para agradecer o traballo da anterior concelleira Branca Novoneyra. Preguntado polo incremento da partida de festas, nos orzamentos que o equipo de goberno levará a pleno, e as palabras de Martiño Noriega sobre a intención de competir con Vigo o concelleiro defendía a necesidade de ter unha boa iluminación de Nadal e cualificaba a colocada algún de estes anos como de “cutre”

O día anterior o ex alcalde Martiño Noriega denunciaba que a partida de festas crecera en 600.000 euros mentres que outras partidas como emprego ou obras diminuíran

Preguntado por estas cantidades Gonzalo Muiños dicía non saber de onde as sacaba xa que el só disporía de 180.000 euros para iluminación e 150.000 para actividades

O certo e que nos orzamentos rexeitados a Compostela Aberta a primeiros de ano a partida destinada a festas era de 1.359.549,64 euros e a que se levará a pleno de 1.913.587,93. Sorprenden as cantidades das que disporá o concelleiro de festas xa que a partida de “gastos diversos e actividades”, na que se inclúe a iluminación, pasa de 800.000 euros, nos orzamentos rexeitados a primeiros de ano, a 1.209.587,93 €. Con todo o concelleiro non descarta pedir a colaboración dos comerciantes; lamentaba non poder estar na reunión mantida polo alcalde coa Fundación Santiago Centro, xa que estaba inmerso nas festas do Apóstolo, pero recoñecía que a participación dos empresarios podía axudar a dispoñer de máis crédito para as festas.

Gonzalo Muíños tamén explicou a necesidade de traballar canto antes na Cabalgata de Reis pola dificultade en atopar empresas con capacidade para organizala. Mostrouse ademais disposto a manter a participación de cativos da cidade como viña sucedendo nos últimos anos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial