Os novos orzamentos de Compostela entran hoxe en vigor

0

Compostela, 6 de abril do 2020 – Os orzamentos de Santiago de Compostela entran hoxe luns en vigor e abrirán a porta de novas medidas sociais para o goberno local.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) publicou o pasado venres a aprobación definitiva dos orzamentos e do cadro de persoal. Serán máis de 127 millóns de euros si se suman as contas do Auditorio, Incolsa e Tussa.

Os novos orzamentos de Compostela entran hoxe en vigor

Marta Abal, concelleira de Facenda de Santiago

Para o equipo de goberno esta aprobación convertese nun respiro a hora de afrontar a crise do Coronavirus. A concelleira de Facenda, Marta Abal, explica que terán que reconducirse parte do crédito inicial para afrontar as consecuencias do Covid-19. O destino será a atención social e o apoio ao sector empresarial, especialmente as pequenas empresas, de cara ao que virá tras o remate do estado de alarma.

Os cambios aprobados hai pouco polo Goberno Central permitirán que o 20% do líquido de tesourería, consecuencia da liquidación do exercicio 2019, se destine a gasto social.

Marta Abal sinal que esta medida “nos permitirá actuar no eido social e asistencial sen ter que modificar en profundidade o crédito inicial do orzamento 2020, ten como consecuencia que nos veremos obrigados a renunciar a parte das actuacións que estaban inicialmente proxectadas para ser financiadas con cargo a este remanente líquido de tesourería”.

Ao respecto, pon de manifesto a concelleira que boa parte dos programas postos en marcha e tramitados con contratos de emerxencia, como os tickets especiais de compra ou o servizo extraordinario de comedor, poderanse financiar con cargo a este 20% do remanente líquido de tesourería.

Explica Marta Abal que haberá gastos se terán que someter a modificacións orzamentarias, precisamente para facer fronte a esas necesidades económicas de sectores como o comercio, a hostalería ou a cultura, e tamén das pequenas empresas. Aclara a concelleira que nestes orzamentos de 2020 xa se contemplaban “de xeito incrementado, partidas para atender a este comercio, a este tecido empresarial, que obviamente vanse ver aumentadas no marco do plan que está elaborando o alcalde coas áreas de Comercio e Promoción Económica”.

A concelleira engade que, neste contexto de crise sanitaria, tamén se incrementaron outro tipo de gastos, relacionados coa organización interna do Concello, co teletraballo e coa realización das Xuntas de Goberno por videoconferencia. “Non estabamos preparados para iso”, aclara, “e tivemos que recorrer a gastos extraordinarios para afrontar esas necesidades e continuar coa prestación dos servizos públicos e coa xestión ordinaria do Concello cunha certa normalidade”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial