займ срочно

Kim Lenz protagoniza unha xornada dedicada ao rockabilly no Outono Codax festival

0

Compostela, 18 de outubro do 2019 – Este sábado chega un dos pratos fortes do Outono Codax 2019, a americana Kim Lenz da que din que si Elvis fora muller sería coma ela.

Kim Lenz, recoñecida internacionalmente como a raíña do rockabilly, abre oficialmente a novena edición do Outono Codax despois da previa do martes no Flamingo. A cita na Sala Capitol con apertura de portas as oito e media e aos franco belgas The Rhum Runners como teloneiros.

Kim Lenz

Kim LenzKim Lenz estivo sempre cerca das pioneiras do rockabilly. Compartiu escenario con Wanda Jackson e Janis Martin, recuperou xoias escuras da SUN como “Ten Cats Down” de The Miller Sisters, e compuxo e produciu case toda a totalidade do seu repertorio demostrando o seu vasto coñecemento da música de raíz americana.

Enganchada a compoñer cancións dende que debutara con vinte anos co seu grupo Rocket Rocket, Lenz non tardou en publicar o seu primeiro Ep coa axuda de Deke Dickerson. Un artefacto que chamou a atención de HighTone Records, cuxo presidente non dubidou á hora de fichala. Dende entón, e compartindo escuadra con Dale Watson xa como Kim Lenz & The Jaguars, non deixou de xirar por todo o mundo consolidando o seu reinado e converténdose nunha das estrelas indiscutibles da escena norteamericana.

Coa súa actuación no Outono Códax, coa que pechará a súa xira polo Estado, a californiana visitará por primeira vez Galicia para presentar

os temas do seu quinto álbum, o recentemente publicado “Slowly Speeding”, un disco no que mestura xéneros como o blues e o country, sen esquecer nunca o rockabilly, polo que en 2015 The Ameripolitan Music Awards lle otorgou o galardón á mellor artista feminina do xénero.

 

The Rhum Runners

Este mesmo sábado tamén subirán ao escenario da Capitol The Rhum Runners, seis músicos portentosos que combinan rock´n roll cos grooves asiáticos e caribeños, facendo de cada un dos seus directos unha festa prodixiosa de alta voltaxe. A banda franco-belga dedicada á música exótica dos anos 50 e 60, naceu en 2012 e con varios traballos ás súas costas no prestixioso selo Doghouse&Bone, percorre dende entón os escenarios dos festivais internacionais máis destacados, como estes autodenominados mariñeiros din, “destilando o seu propio ron, soprando ata poñer a pista de baile ben quente e partindo cara á festa”.

 

Xornada para falar de rockabilly.

Este mesmo sábado tamén se celebrarán as primeiras actividades paralelas do festival. O Outono Códax dará inicio este sábado a un pequeno ciclo de charlas coloquio que comezará as once e media da mañá no Riquela Club de Santiago. Ali estarán tres dos grandes espadas do xornalismo musical español: Toni Castarnado (MondoSonoro, Ruta66, El País, Cadena Ser), Alfonso Cardenal (director de “Sofá Sonoro”, Cadena Ser) e Fernando Navarro (responsable de Música de El País). Os tres críticos abordarán a evolución dos xéneros soul e rockabilly nunha mesa denominada “Soul e rockabilly: da cruzada dos anos 50 ao rexurdir do século XXI”.

Ao remate do debate celebrarase unha das sesións out do festival (pequenos concertos gratuítos), neste caso protagonizada por Midnight Boozers, nova banda residente do Riquela, que centra o seu repertorio no rock´n roll e o soul clásicos.

Exposición

Coincidindo con este primeiro coloquio abrirase no mesmo espazo a expo “Sanmasville: rarezas e misceláneas de DJ Sanma”, na que se recolle parte da colección persoal de rarezas que o DJ galego leva coleccionando desde a infancia e que inclúe curiosas e valiosas pezas de música, cine, fotografía, deseño gráfico e arte da cultura underground americana dos anos 60.

A mostra permanecerá aberta no propio Riquela Club ata o próximo 25 de outubro.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies