The Reverend Shawn Amos na segunda xornada do Outono Codax Festival

0

Compostela, 5 de novembro do 2019 – Segunda xornada do Outono Codax Festival con charla matutina de Espiño e o concerto de  Shawn Amos pola noite na Capitol.

O norteamericano The Reverend Shawn Amos, é un dos bluesman do momento no actual panorama internacional. Nado en Nova York, pero afincado nos Ánxeles, The Reverend iniciou a súa carreira nesta última cidade nos anos 70 seguindo a estela de lendas coma Marvin Gaye ou Quincy Jones, pero tamén recollendo os sons de todo tipo de músicos que tocaban na rúa.

Fillo do axente musical e emprendedor Wally ‘Famous’ Amos e da cantante de rhythm&blues Shirleey May, Shawn atopouse cedo coa música e, de feito, leva toda a vida traballando na industria. A súa rica carreira tamén como productor inclúe, por exemplo, distintas retrospectivas de mitos como Solomon Burke, John Lee Hooker ou Johny ‘Guitar’ Watson, e creou e produciu, entre outros, álbums de gran calado como o nominado aos Grammy “Rhapsodies in Black: Musicand Words from the Harlem Renaissance”.

Los Toronto

O frenético rhythm&blues e o rock´n roll sen concesións de Los Torontos completarán a segunda gran cita do festival galego de música negra

Los Torontos son un grupo de rock  and  roll influenciado pola música de finais dos anos 50 e comezos dos 60. Poderíase definir o seu estilo musical como “rock de fraternidade”, “rock  and  roll” e ” rhythm  and  blues”.

O grupo está composto por  Agustí  Burriel ( Velvet  Candles) en voz e guitarra rítmica, Spencer  Evoy ( MFC  Chicken) en voz e saxo, O Leiga ( Legacaster) en guitarra eléctrica,  Xavi Ruiz (Los Locos del Oeste) en baixo eléctrico e Berto Martínez ( The  Kabooms) na batería.

As súas referencias musicais inclúen grupos como  The  Wailers,  The  Sonics, Le  Dresser,  The  Artesians,  The  Sheppards, Sam  The  Sham ata Chuck  Berry e Johnny  Guitar Watson.

Imaxes da primeira sesión do Outono Festival 2019 con Kim Lenz e The Rhum Runners (Fernando España)

Sesión vermú out con Espiño

Ese mesmo sábado día 9, pero pola mañá e no tamén compostelán Riquela Club, o festival galego de música negra ofrecerá unha das súas sesións vermú out, na que o músico e historiador santiagués Alfonso Espiño, ofrecerá unha das charlas-coloquio deste Outono Códax na que repasará co público asistente a historia da música moderna na capital galega.

Cómpre lembrar que o músico realizou unha extensa e interesantísima investigación ao respecto na súa tese universitaria “Beat, pop e rock en Santiago de Compostela (1954-1978)”, traballo co que recibiu a máxima cualificación da USC (sobresaínte cum laude).

Logo da charla, o propio Espiño ofrecerá tamén un dos concertos out do festival (gratuíto ata esgotar aforo), no que interpretará algúns temas nos que, como é habitual no músico galego, recolle o seu exquisito gusto polo pop anglosaxón clásico e atemporal.

Como vocalista leva recollendo inmellorables críticas por todo o mundo grazas aos seus catro traballos de estudio, pero tamén aos seus inigualables concertos, nos que, cunha impecable proposta e unha elegante posta en escena, destila blues como principal ofrecemento, pero tamén soul e pop cos que o frontman fai as delicias do público.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial