Piden transparencia na adxudicación do transporte urbano de Santiago

0

Compostela, 6 de xullo do 2020 – O Partido Popular de Santiago pide transparencia ao equipo de Sánchez Bugallo na adxudicación do transporte urbano de Santiago.

Os populares dubidan do compromiso do alcalde de transparentar as grandes contratacións de Santiago xa que aseguran que se lles impediu o acceso ao expediente.

A concelleira popular María Castelao explica que “A opacidade do Goberno municipal oculta as condicións e características de funcionamento dun servizo de custo millonario ao que van estar suxeitos miles de usuarios durante os próximos doce anos. Non é de recibo que os concelleiros e concelleiras da oposición non saibamos que cantidade millonaria terán os cidadáns e o Concello que pagar a unha empresa de autobuses e por que conceptos, como tampouco é de recibo que non poidamos valorar previamente a funcionalidade e comodidade mínima que se lle vai esixir aos autobuses”.

O PP engade que hai cinco meses que solicitou por primeira vez o acceso ao expediente e que o pasado mércores lle foi negado. No documento explícase cales poden ser as características e condicións básicas do inminente contrato do servizo de transporte colectivo.

Convocatoria do consello de Tussa

A vista da negativa do Goberno a mostrar a documentación preparatoria do novo contrato, os concelleiros, María Castelao e Ramón Quiroga, solicitaron a convocatoria dun Consello de Tussa ao ser esta a sociedade municipal encargada de estudar e xestionar o transporte colectivo de viaxeiros, segundo se prevé no artigo 2c) dos seus propios estatutos.

Os Populares esixen que se explique polo menos aos conselleiros de Tussa as características e condicións básicas do contrato. Non en tanto, os populares sospeitan que o alcalde se negará a convocar voluntariamente o Consello. O PP tamén propondrá aos outros dous grupos da oposición que subscriban unha solicitude de convocatoria extraordinaria do Consello de Tussa, convocatoria que, no caso de ser asinada por un terzo dos membros do Consello, obrigaría á celebración dunha sesión extraordinaria.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial