Reclaman a mellora de marquesiñas de autobús en Compostela

0

Compostela, 22 de outubro do 2019 – O Partido Popular de Santiago pide ao goberno municipal que proceda á mellora dalgunhas marquesiñas, tanto no casco urbano como no rural da cidade.

Explican que tras as eleccións municipais, nun Consello de Administración de Tussa, o alcalde aceptaba a proposta do voceiro Popular, Alejandro Sánchez-Brunete, para habilitar unha partida que tivera como un dos seus destinos a dotación dunha marquesiña adecuada ás necesidades do recinto de Santa Marta. Os Populares reclaman que “coa maior dilixencia posible, por parte do Goberno local se fagan as xestións oportunas para a urxente instalación desta marquesiña e que a instalación sexa, adecuada en tamaño e deseño e que inclúa os necesarios medios de información aos usuarios”.

pp santiago marquesiñasPara o PP “A pesar da evidente importancia e da gran actividade nesta superficie, motivada pola gratuidade das súas instalacións; a súa gran capacidade de acollida; e, sobre todo, pola súa situación próxima ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) que lle confiren un dobre valor de alternativa para o acceso aos servizos hospitalarios e para deixar os vehículos procedentes do sur da cidade, o certo é que a marquesiña segue sen ser instalada”

Mellora marquesiñas no rural

O grupo popular critica ademais a falta de conservación dalgunhas marquesiñas que “ofrecen un pouco edificante exemplo de conservación e limpeza, co negativo impacto que isto ten, non só para a comodidade e satisfacción das persoas usuarias, senón tamén para unha valorización da paisaxe e da calidade ambiental”. Solicitan ao Goberno de Sánchez Bugallo que proceda á limpeza das marquesiñas do transporte público no rural de Santiago e, de forma simultánea, se contemple a incorporación progresiva nestas instalacións dun distintivo adhesivo de alta visibilidade que informe do nome do lugar, e mesmo da parroquia, onde se asenta cada unha delas, como medida para complementar o coñecemento e axudar no tránsito ao longo de Santiago.

pp santiago marquesiñasPara o Grupo Municipal Popular, a prestación dun bo servizo debe incluír todos os elementos que o conforman para o transporte público, sobre todo, no rural, os sitios de abrigo para a espera do autobús son fundamentais, polo que requiren de especial atención.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial