Acusan á empresa que xestiona as multas en Santiago de usurpar o papel da administración

0

Compostela, 19 de febreiro do 2020 – O Partido Popular de Santiago preguntará ao goberno local polo papel da empresa que colabora na xestión das multas de tráfico.

Os populares consideran que o papel que esta empresa desenvolve é excesivo. Argumentan que o seu traballo, que debería ser auxiliar, chega en ocasións a usurpar o dos funcionarios chegando a ser a que estime ou non as alegacións que se plantxan contra as multas.

O portavoz popular. Alejandro Sánchez Brunete, recoñece que se trata dunha situación herdada que se produce desde hai anos.  Tamén preguntarán ao Goberno se ten pensado implantar algunha fórmula de xestión de multas de tráfico que non “estimule a imposición desaforada de sancións en beneficio dunha empresa”.

Radar de Conxo

O voceiro do Grupo Municipal Popular recoñeceu que os medios tecnolóxicos, como fotorroxos e radares, contribúen á seguridade viaria pero, advertiu, que cómpre ser proporcional na súa instalación, actuando con obxectividade e priorizando os emprazamentos.

Neste sentido, pediulle ao Goberno que aclare certas contradicións e que acredite que non se instalou un radar en Conxo por ser un tramo onde se pode recadar máis diñeiro fronte a outros treitos onde se poden xerar máis accidentes.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial