Un novo uso para as estacións da Sionlla e Verdía

0

Compostela, 23 de xullo do 2020 – Un novo uso para as vellas estacións da Sionlla e Verdía e o que solicitará no vindeiro pleno municipal o Partido Popular de Santiago.

Os populares queren que o concello reclame de ADIF a cesión dos edificios da Sionlla e Verdía, actualmente sen uso algún.

O obxectivo último desta demanda é que se leve a cabo o acondicionamento e posta en valor social destes inmobles.

Un novo uso para as estacións da Sionlla e Verdía

Estación de A Sionlla

A concelleira Popular Ana Sabel, que presenta a moción, tamén reclamará que, no menor prazo posible, se proceda á execución das necesarias melloras de seguridade e accesibilidade nas pontes de Vilariño e Castro, ambas na parroquia de Busto e situadas sobre o itinerario da futura vía verde entre Santiago e Oroso.

Situadas na vía verde

Un novo uso para as estacións da Sionlla e Verdía

Estación de Verdía

A petición dos populares chega tamén vendo que a construción dunha vía verde para o tránsito peonil e ciclista, aproveitando a traza ferroviaria en desuso da antiga liña Santiago A Coruña, é un proxecto que cada paso parece máis próximo.

Na actualidade a área técnica da Xerencia de Patrimonio Histórico e Turismo Ferroviario da Fundación dos Ferrocarrís Españois (FFE) ten redactados os dous proxectos construtivos para os 36,8 kms comprendidos entre o Concello de Santiago e as proximidades da estación de Cerceda, un deles de 10,18 km., centrado exclusivamente no tramo que discorre integramente polo termo municipal de Santiago.

Nese itinerario atópanse as dúas estacións que quedaron desafectadas e sen uso, ao tempo que o facía a antiga liña ferroviaria. Unha é a da Sionlla, un gran edificio, de baixo e dous andares, tapiado e sen ningunha actividade desde hai anos; e a outro é a estación de Verdía, de dimensións algo máis reducidas, que durante unha década foi empregada polo Concello en réxime de alugueiro como centro sociocultural da parroquia (chegando a investir 156.000 euros do orzamento municipal para a súa rehabilitación e acondicionamento), ata que un litixio pola contía reclamada polo ADIF obrigou en 2016 ao definitivo abandono das instalacións, permanecendo pechado na actualidade.

Sabel lembra que, este mesmo ano, en resposta a unha pregunta do PP sobre as actuacións e o destino previsto para estas estacións, o Goberno local recoñecía que “o proxecto elaborado pola Fundación de Ferrocarriles Españois non contempla ningún tipo de actuación nestes edificios”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial