Reclaman os informes que avalan a instalacións de radares no túnel de Conxo e no Restollal

0

Compostela, 7 de novembro do 2019 – O Partido Popular de Santiago ven de solicitar copia dos estudos de tráficos feitos para decidir a colocación dos radares fixos no túnel de Conxo e na avenida do Restollal.

Ademais dos informes sobre os radares tamén solicitan que o goberno municipal informe sobre as estatísticas de accidentalidade na rede viaria municipal da última década, nas que se concreten os puntos e os resultados de cada un dos sinistros.

Os Populares consideran que  que a adopción de medidas para a vixilancia e control do tráfico rodado debe responder a criterios técnicos e de oportunidade, entre os que as estatísticas de accidentalidade ocupan, sen lugar a dúbidas, un lugar destacado. Co fin de coñecer a adecuación das medidas que se teñen anunciado recentemente, sobre a colocación de radares fixos en distintas zonas da cidade, o Grupo Popular solicita que se lles aporten estes datos.

Non é a primeira vez que o grupo da oposición se interesa por este asunto, Hai uns meses preguntaban sobre a participación da empresa que xestiona as multas de tráfico na decisión de instalar o novo radar no túnel de Conxo, cuestión esta que, a xuízo do PP, non foi suficientemente aclarada polo Grupo de Goberno.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial