займ срочно

Propoñen a elaboración dun Plan Municipal Integral contra o ruído nocturno en Compostela

0

Compostela, 16 de outubro do 2019 – O voceiro do Grupo Municipal Popular, Alejandro Sánchez-Brunete, ofreceu presentou unha proposta para a elaboración dun Plan Municipal Integral contra o ruído nocturno na cidade.

Os principais obxectivos de este plan contra o ruído é diagnosticar as causas e paliar os seus efectos. Un problema que a xuizo do concelleiro “non é un problema máis, é un problema maior que afecta aos dereitos fundamentais de non poucos veciños. Afecta ao dereito a inviolabilidade acústica dos domicilios, a saúde e ao dereito a propiedade toda vez que o ruído nocturno produce tamén unha desvalorización das vivendas”..

Tres áreas de traballo

O Plan incluiría medidas para coñecer o verdadeiro alcance do problema. Elaborar un rexistro de chamadas á Policía Local, enquisas anónimas para coñecer a verdadeira incidencia ou a elaboración dun Mapa de Ruídos e así como unha mellora na dotación de mecanismos de medición acústica son algunhas delas.

En segundo lugar, o Plan contería medidas para tratar as causas, como plans específicos de inspección e actuación; campañas de concienciación máis ambiciosas; revisión da normativa; tramitación preferente duns expedientes que afectan aos dereitos fundamentais e seguimento dos expedientes sancionadores.

Por último, o Plan incluirá a posibilidade de que a Administración asumise a súa responsabilidade patrimonial ou de que estableza bonificacións fiscais no I.B.I a vivendas desvalorizadas polo ruído nocturno.

Problema politicamente silenciado

Na súa intervención, o voceiro Popular destacou que o ruído nocturno leva anos politicamente silenciado en Santiago e, o Partido Popular quere ofrecer “unha voz para acalar o ruído e protexer á veciñanza”, xa que falamos de dramas como o dunha muller que se ten que medicar ou o dunha rapaza que ten que trasladar o seu colchón á cociña para poder durmir, posto que “o ruído xera un sufrimento silencioso, un sufrimento esquecido polos responsables municipais, e nós queremos que o Concello se lembre das persoas que o sofren”.

Como indicou o voceiro Popular, “non se trata dun asunto calquera, posto que afecta aos dereitos fundamentais como a inviolabilidade domiciliaria, á saúde e ao patrimonio das familias que vén como este problema desvaloriza as súas vivendas”.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies