Piden que se localicen ás persoas maiores que viven soas en Compostela

0

Compostela, 27 de marzo do 2020 – O Partido Popular de Santiago ven de solicitar ao goberno municipal que localice ás persoas maiores que viven soas e se interese polo seu estado.

Os Populares suxírenlle ao Concello que, de non contar cun censo de maiores en esta situación, cruce datos do Padrón municipal ou recolla información das entidades sociais, asociacións de veciños ou das comunidades de propietarios

O voceiro do Grupo Municipal Popular, Alejandro Sánchez-Brunete, reunión de portavoces do pasado luns valoraba postivamente o traballo que se estaba a realizar pero mostraba as súas dubidas sobre a suficiencia do teléfono habilitado polo Concello para atender as necesidades das persoas máis vulnerables, dado o escaso número de chamadas que recibiu.

Os populares explican que en Santiago pode haber arredor de 4500 persoas maiores de 65 anos que viven soas e que, neste momento, se atopan practicamente illadas. Según a concelleira Beatriz Cigarrán “o illamento implica aumentar a vulnerabilidade fronte a unha enfermidade que xa padezan e pode ser causa de que a situación das persoas que están soas empeore por non contar cos apoios necesarios”.

O PP tamén lembra que, en marzo de 2017,  o pleno do Concello aprobou unha iniciativa do seu grupo para que se elaborase un censo de persoas maiores que vivían soas e no que se especificasen as condicións e circunstancias que se considerasen pertinentes, e lamentan que, polo que semella, tal censo non fose elaborado.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial