Reclaman fibra óptica para o rural de Compostela

0

Compostela, 20 de maio do 2020 –  O Grupo Municipal Popular, a través da concelleira Ana Sabel, pedirá ao Goberno de Sánchez Bugallo que faga as xestións necesarias co fin de impulsar a colocación da fibra óptica na zona rural da cidade.

Para os Populares, é de máxima prioridade o impulso da fibra óptica no ámbito rural do Concello, polo que consideran que o Grupo de Goberno debe intensificar as conversas e negociacións coas distintas empresas e administracións. Piden que se destinen os recursos municipais que sexan posibles, para avanzar na conectividade e “lograr, canto antes, a extensión da rede internet para o acceso a servizos telemáticos ao conxunto da veciñanza do municipio”.

Os populares explican que esta necesidade resulta cada paso máis urxente, tan e como o reflectía o documento da Federación de Asociacións Veciñais do Rural de Santiago (FERUSA), que lle outorgaba un “carácter inmediato” a esta acción, entre a trintena de medidas que se consideraban prioritarias.

A carencia de fibra óptica no rural veuse subliñada pola actual crise do Coronavirus. Unha necesidade evidente cando se está a falar da conveniencia de longas estancias domiciliarias, co que iso supón para o normal desenvolvemento de distintas actividades e xestións, no terreo da educación, a sanidade, a oferta e demanda de bens e servizos ou o fomento do teletraballo.

O PP engade que se trata dunha medida complexa na que deben participar as distintas administracións públicas, sobre todo, o Ministerio de Industria e a AMTEGA, tendo en conta que, con carácter xeral, xa que para as empresas subministradoras a extensión da rede no ámbito rural non resulta rendible.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial