Presentación de ” Historia da vida cotiá en Galicia, séculos XIX e XX” na Libraría pedreira

0

Compostela, 8 de xaneiro do 2019 – A partir das oito da tarde a Libraría Pedreira acolle a presentación do libro, de Xavier Castro, ” Historia da vida cotiá en Galicia, séculos XIX e XX”.

Historia da vida cotiá recibiu o Premio de Investigación Xesús Ferro Couselo. Na presentación ademais do autor estarán Encarna Otero e Xosé Ramón Pousa.

Sobre O libro

Un traballo de investigación histórica escrito nunha linguaxe achegada ao gran público e afastada dos enfoques académicos.

O autor manexa fontes de todo tipo (literarias, etnográficas…) para construír un ameno relato que recrea a vida cotiá na Galicia dos séculos XIX e XX. Este volume vén encher un baleiro existente na historiografía contemporánea ao se achegar ás galegas e galegos “normais” para saber como comían, bebían, cantaban, namoraban… en definitiva, como era a vida segundo a clase social á que pertencecen, pois non era igual para os fidalgos que para os labregos, para os burgueses que para as serventes. Nada é alleo á pescuda e ao estudo do autor, e así, a familia, a vivenda, a roupa, a hixiene, os labores e atafegos económicos…

Unha entretida viaxe no tempo cara ao cerne do que somos nós mesmos.

O autor

Xavier Castro P. é catedrático de E. U. de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela. Impartiu docencia na Université de Rennes e na École des Hautes Ètudes en Sciences Sociaux, de París. Comisario de exposicións, tradutor e conferenciante, foi subdirector da revista Grial e asesor histórico de series da TVG: As leis de Celavella, A casa de 1906 e Lobos e cordeiros.

É membro da comisión científica da Fundación Dieta Atlántica. Salienta a publicación da súa tese de doutoramento O galeguismo na encrucillada republicana (Deputación de Ourense, 1985, mención de honra do Premio Otero Pedrayo, 1983) e do libro Castelao e os galeguistas do interior. Cartas e documentos 1943-1954 (Galaxia, 2000). Considerado un relevante especialista en historia social, da alimentación, a gastronomía e o viño en Galicia, polas súas publicacións: A lume manso; Ayunos y yantares (Premio Nacional de Gastronomía); A la sombra ejemplar de los parrales; A rosa do viño. Cultura do viño en Galicia; A mesa e manteis (Premio Gourmand World Awards) e Yantares gallegos. Historia de la dieta atlántica. Tamén recibiu o premio Picadillo do Fó-rum Gastronómico (2015).

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial