займ срочно

Os garaxes do Ensanche acollen Compostela Photo

0

Compostela, 20 de xullo do 2020 – Os portóns dos garaxes do Ensanche compostelán mostrarán ata o vindeiro verán as obras do certame Compostela Photo.

A Xunta de Galicia a través do programa O teu Xacobeo, o concello de Santiago e a Fundación Santiago Centro son os impulsores de Compostela Photo.  

Os garaxes do Ensanche acollen Compostela PhotoA obra de quince fotógrafos consagrados e emerxentes, centrada en imaxes do Camiño de Santiago, reproducirase durante todo un ano en gran formato nas rúas da zona nova. Os paseantes, veciños e turistas,   poderán   contemplar   fotografías   de   Vari   Caramés,   Manuel   Valcárcel,   Fuco   Reyes,   Ana   Gil Rodríguez,   Eva   Díaz,   David   Catá,   Sheila   Pazos,   Aida   Pascual,   Irene   Cruz,   Adolfo   Enríquez,   Carla Andrade, Tono Arias, Juan Adrio, Verónica Vicente e Marta Moreiras. 

Según Javier Blanco, comisario da mostra e titular da galería Metro, “Tratamos de facer unha selección equilibrada entre grandes nomes e promesas, ubicadas en portóns moi   visibles   de   xeito   que   se   poida   organizar   un   paseo   tranquilo   para   contemplalas. É o  Camiño de Santiago entendido como paisaxe física, humana e cultural: a paisaxe natural e os paraxes singulares, e tamén a paisaxe humana dos territorios que cruza, coas singularidades das súas xentes; e máis paisaxe cultural modelada pola historia”.

Os garaxes do Ensanche acollen Compostela PhotoPara poder seguir este itinerario editáronse 20.000 planos que se poden obter nos comercios do Ensanche e nos principais puntos de información turística da cidade. “Con esta iniciativa”, explicou Chema Fernández presidente de Santiago Centro,  “pretendemos incidir na idea do Ensanche como polo de interese cultural para Compostela, e vinculado coa idea de modernidade que sempre tivo”. Compostela Photo, afirmou, “serve tanto para achegar a arte contemporánea a veciños e foráneos como   para   facer   máis   agradable   a   contorna,   aproveitando   uns   espazos   que   habitualmente   fan   o contrario, afean as rúas. E, por suposto, queremos servir ao obxectivo fundacional de Santiago Centro, atraer público aos comercios do Ensanche a través de iniciativas atractivas e orixinais”.

Concurso

Os garaxes do Ensanche acollen Compostela PhotoEn   paralelo con Compostela Photo,   fotógrafos   profesionais   ou   afeccionados   poderán   participar   nun   certame   fotográfico, aberto ata o 20 de setembro. En consonancia coa temática de Compostela Photo, as propostas deben estar   relacionadas   cos   valores   naturais,   históricos,   espirituais,   culturais,   artísticos   ou   humanos   do Camiño de Santiago. Os candidatos deberán enviar un máximo de tres imaxes en formato dixital, cunha resolución mínima de 72 ppp e nun tamaño non inferior a 800 píxeles na súa medida máis curta, ao correo compostelaphoto@santiagocentro.gal, indicando DNI e datos de contacto e incluíndo unha   autorización   asinada   para   a   exposición   e   difusión   da   obra   dentro   do   certame. 

Vinte   obras seleccionadas por un xurado de profesionais da arte e da fotografía exhibiranse tanto nun  site  de internet propio coma nas pantallas de leds da Praza Roxa, sumándose así á programación do Festival.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies