займ срочно

Compostela destinará os fondos da Deputación á ponte de Vidán

0

Compostela, 12 de xuño do 2020 – O Plan Único da Deputación servirá para rehabilitar e conservar a ponte de Vidán e o acondicionamento do Centro Sociocultural da Gracia.

Tanto as obras na ponte de Vidán como no local da Gracia están en fase de licitación. os dous proxectos suman un investimento que supera os setecentos mil euros.

A ponte vella de Vidán

A ponte de Vidán, un paso estreito sobre o río Sar, moi preto da desembocadura do Sarela, é unha infraestrutura histórica que se atopa nun mal estado de conservación.

Compostela destinará os fondos da Deputación á ponte de VidánO proxecto para a reparación e consolidación conta cun orzamento de 447.065 euros procedentes na súa totalidade dos fondos provinciais. Construída en pedra e formigón armado, os traballos para a súa rehabilitación incluirán a substitución dos muros dos estribos sobre os que se apoia a actual plataforma, que tamén se cambiará. Só se conservarán os elementos de carácter histórico da pila, da bóveda e dunha parte dos límpanos. Reconstruirase a tallamar, reproducindo as súas antigas dimensións grazas aos restos que se conservan. Ademais, a tubaxe para o abastecemento de auga nesa zona desmontarase e substituirase provisionalmente para, ao remate das obras, restituír o servizo por outra que irá oculta na nova plataforma, ao longo das beirarrúas que se executarán.

Centro Sociocultural da Gracia

O proxecto para o acondicionamento da contorna do centro sociocultural da Gracia e do interior do edificio conta cun orzamento de 286.540,10 euros, financiado tamén totalmente polo Plan Único, e inclúe a urbanización da zona e a mellora do edificio para facelo máis accesible.

Compostela destinará os fondos da Deputación á ponte de Vidán

CC. A Gracia

Os traballos reformarán o campo da festa e o moverán o cruceiro, que actualmente esta situado na zona central. Preténdese situar na súa posición orixinal, facendo que gane presenza e liberando así o centro do lugar para darlle continuidade aos eventos que alí se celebran.

Tamén se cambiará a pavimentación do tramo de vía que está asfaltado entre a pista polideportiva, a capela e o centro sociocultural, aproveitando para soterrar as liñas de baixa tensión e telefonía. Ademais, trasladarase a unha zona arborada a área de xogos infantil, que agora está baixo unha liña de media-alta tensión onde se plantarán novas árbores, e instalarase un circuíto biosaudable.

No referente ás obras a realizar no centro sociocultural, o proxecto contempla a instalación de salvaescadas en todos os tramos do edificio, en paralelo á adaptación dos aseos existentes á normativa de accesibilidade. Por último, dividirase a sala do soto, onde actualmente están as cociñas, para crear alí un espazo de almacenaxe con acceso desde o exterior. Na ludoteca demolerase un tabique para gañar espazo.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies