Compostela aproba unha Comisión de Rescate Social e a revisión dos orzamentos

0

Compostela, 29 de maio do 2020 – O pleno municipal de Santiago aprobou, cos votos de Compostela Aberta, BNG e PP e a abstención do Psoe, a creación dunha comisión de Rescate Social.

A proposta presentada por Compostela Aberta tivo un engadido do Partido Popular para que a comisión leve a cabo “unha reconsideración do vixente orzamento municipal co fin de determinar aquelas partidas susceptibles dunha reasignación para destinalas a fins sociais e axudas económicas”

Censo de persoas maiores

O pleno tamén aprobou, en este caso coas abstencións de Psoe e CA, a proposta do PP de creación dun censo de persoas maiores que vivan soas no concello. Este documento, indican, permitirá “dispor da información máis actualizada e completa posible para subministrarlles as liñas de axuda e facilitarlles os recursos públicos dos que poidan ser beneficiarias”

Compostela aproba unha Comisión de Rescate Social e a revisión dos orzamentos

Ao principio do pleno gardouse un minuto de silencio pola vitimas do Coronavirus

IVE reducido para a cultura

A Corporación aprobou unha moción conxunta para reclamar o IVE súper reducido para o sector cultural. Así, acórdase trasladarlle ao Goberno do Estado a necesidade de considerar “a aplicación do IVE súper reducido do 4% a produtos, eventos, contratacións e actividades culturais para favorecer a igualdade de dereitos na participación nesta actividade e o apoio a este sector profesional”. Solicítase que esta medida non supoña a exclusión de reducións similares noutros bens, servizos e sectores, especialmente nos que teñen que ver coa protección fronte ao Coronavirus.

Seguindo coa cultura, aprobouse unha proposición presentada polo BNG para a posta en marcha dun plan de revitalización cultural consensuado co sector, co fin de “afianzar a programación artística e contribuír a garantir a súa viabilidade empresarial e o dereito cidadán de participar destes eventos adaptados ao contexto das consecuencias da pandemia do coronavirus. A medida foi votada a favor por PP, CA e BNG e recibiu a abstención do PSdeG-PSOE.

Canon do lixo

Na sesión tamén se deu o visto bo por unanimidade ao importe previsto de aforro para 2020 no custo do canon que se paga á Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama) pola xestión do lixo, que alcanza os 302.326,93 euros. Esta cantidade xorde de aplicar á previsión de recollida deste exercicio, de 39.832,270 toneladas o importe da bonificación, fixado en 6,90 euros/tonelada.

Modificacións de crédito

En materia orzamentaria, aprobouse un crédito extraordinario de 10.000 euros para facer fronte ao compromiso de achega municipal no convenio con Xunta de Galicia e Deputación da Coruña para a adquisición dun vehículo todo camiño, dous todo terreo e un furgón destinados á Agrupación de Protección Civil de Santiago de Compostela.

Ademais, deuse o visto bo a un expediente de modificación de crédito, por un importe de 100.000 euros, co obxectivo de dar cobertura á convocatoria de axudas para a mellora e innovación da restauración e da hospedaxe de Santiago de Compostela.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial