A Policía Nacional advirte aos maiores de posibles estafas

0

Compostela, 25 de marzo do 2020 – A Policía Nacional lembra ás persoas maiores consellos de seguridade fronte a posibles estafas ou delitos contra o patrimonio

A comisaría de Santiago ven de emitir un comunicado no que aconsella ter en conta unha serie de precaucións para evitar ser vítimas dalgún tipo de estafa, precaucións que han de observarse especialmente polas persoas máis maiores, que son máis vulnerables #ante este tipo de feitos delituosos.

A Policía Nacional advirte aos maiores de posibles estafas

Imaxe de Tumisu en Pixabay 

A Policía Nacional pide que se lembren os seguintes consellos

  • Non abra a porta nin deixe entrar no seu domicilio a:

        Persoas que manifesten pertencer a empresas de subministracións do fogar, se vostede non os solicitou.

        Quen diga ser técnicos, médicos, enfermeiros ou servizos sanitarios, que acoden a realizarlle a proba do coronavirus ou a  desinfectar o domicilio.

        Distribuidores de máscaras e luvas que afirmen representar á Administración.

        Aqueles que manifesten ser repartidores de alimentos dunha gran superficie.

  • Desconfíe daquelas persoas que lle ofrecen remedios milagrosos contra o Coronavirus.
  • Non proporcione datos persoais nin datos bancarios a través do teléfono a descoñecidos.

Se precisa axuda pode chamar ao 091.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial