займ срочно

Política Lingüística e Vegal Eroski homenaxean a Antón Fraguas

0

Compostela, 13  de maio do 2019 – A Consellería de Cultura e Turismo, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e a compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa Eroski homenaxean a Antonio Fraguas Fraguas.

A lembranza de Fraguas chega na semana grande das Letras Galegas e volve a poñer en marcha, por noveno ano consecutivo, a campaña Letras Galegas para festexar o 17 de maio. O supermercado fará unha tirada especial de bolsas e carteis que chegarán aos fogares galegos nos Eroski Center, Autoservizos Familia e Hipermercados Eroski. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu ao acto de presentación da iniciativa no compostelán Eroski Center da Choupana.

“Un ano máis, encetamos a semana grande das Letras da man de Vegalsa-Eroski cunha importante homenaxe a Fraguas desde un dos ámbitos máis importantes para a promoción social do idioma: o socioeconómico, desde onde a figura do autor homenaxeado chegará aos fogares dos galegos e das galegas coa bolsa da compra”, destacou Valentín García.

Canda el, participaron no acto a directora de Relacións Institucionais a directora de RSE, Comunicación e Área Cliente de Vegalsa-Eroski, Gabriela González; o director da liña de Negocio Eroski/Center e hipermercados e gasolineiras Eroski, Florentino Vázquez; o director de Márketing, Julián Hernández; o secretario da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo; e o representante da Fundación Antonio Fraguas Fraguas, Lino Lema.

Preto de 1,3 millóns de bolsas

Unha tirada de 500 exemplares da lámina titulada Amor a Galicia, das 10 que integran a mostra Con A de agarimo e F de folclore coa que o CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo (A Coruña) se fixo este ano, por segunda vez, co Premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2019, e 1.256.000 bolsas de edición especial contribuirán a visibilizar a celebración das Letras Galegas desde a cesta da compra dos establecementos Eroski Center, Autoservizos Familia e Hipermercados Eroski.

Trátase dunha acción que Vegalsa-Eroski engloba no seu compromiso cos atributos propios de Galicia, que teñen no idioma propio un dos seus máximos expoñentes, e que conta un ano máis coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies