Solicitude para que se poidan usar tarxetas de crédito nos autobuses de Santiago

0

Compostela, 23 de xuño do 2020 – O Partido Popular pide ao goberno municipal de Santiago que busque solucións para poder pagar con tarxetas de crédito nos autobuses urbanos sen esperar á nova licitación.

 

O rogo será presentado polo PP de Santiago no vindeiro pleno ordinario e incluirá ademais unha segunda parte na que se solicita que se tomen as medidas necesarias para seguir facilitando o uso e a recarga da tarxeta de transporte municipal.

Cambios de criterio

Ademais de esta petición os Populares farán unha pregunta sobre o cambio de criterio do goberno municipal  sobre a información que se da sobre a nova licitación do servizo. En outubro do 2017 o pleno aprobou unha proposta do propio PP sobre a necesidade informar aos veciños dos detalles dunha futura ordenación do transporte público municipal antes de que se adxudicara o servizo. En aquela ocasión Compostela Aberta abstívose e toda a oposición apoiou a proposta.

Os Populares lembran que o propio portavoz socialista chegou a advertir naquela sesión do “problema” que supoñía licitar o servizo de transporte público sen contar co Plan de Mobilidade e afirmou estar “totalmente de acordo” en promover a participación e a opinión dos veciños que deberían “coñecer exactamente cantas liñas van ser eliminadas, cantas paradas van ser eliminadas, por que, como, onde…. todo iso vai ser necesario”.

O curioso é que o novo goberno socialista reproduciu en xullo do ano pasado o comportamento de Compostela Aberta en outubro do 2017; ante a mesma proposición do PO o Psoe abstívose saíndo a moción aprobada novamente. Por esta situación e ante a anunciada licitación do servizo prevista para as vindeiras semanas (“entre xuño e xullo”, segundo a concelleira de Facenda), o Grupo Municipal Popular preguntará ao Goberno de Sánchez Bugallo cales foron os motivos que lle fixeron mudar de opinión e mesmos darlle as costa a unha decisión aprobada no Pleno.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial