займ срочно

Novo positivo por Covid no CC AS Cancelas e Padrón pasa de 6 a 20 casos (2/09/2020)

0

Actualización 14:30

A Consellería de Sanidade ven de comunicar ao concello de Santiago que se tomarán diversas medidas na cidade polo aumento de casos de Covid. Según Sánchez Bugallo serán similares as tomadas anteriormente en Coruña ou Lugo

Xunto a

Ademais de Santiago estas medidas aplicaránse en Santa Comba, Laracha, Carballo e Ourense. Entres as medidas que terán que adoptar estes concellos destancan a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-, a limitación do número máximo de persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10 persoas; así como a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto, ademais do peche dos centros de día e residencias.

Bisbarra, 2 de setembro do 2020 – A situación en Compostela segue complicándose cun novo positivo no Centro Comercial As Cancelas e o Peche das actividades dirixidas no Multiusos de Sar.

Lindeiros.gal puido confirmar onte o novo positivo nas Cancelas a última hora da noite, douse nunha das tendas vinculadas ao grupo Inditex. precisamente onte o sindicato Cig emitía un comunicado no que esixía ao grupo téxtil que se fixeran probas a todo o persoal dunha tenda cando se dera un positivo xa que se deron situacións nas que non se fixo e lembran que o contaxio prodúcese tamén a través das superficies.

Multiusos

A xerencia do Multiusos do Sar emitía tamén onte un comunicado informando da cancelación das actividades dirixidas, as que teñen monitor. O gromo en esta instalación podería chegar aos 9 positivos e a cancelación afecta tamén ao Polideportivo de Santa Isabel.

Según dito comunicado as salas de musculación e cardio, a zona funcional, as piscinas e as pistas de pádel e tenis continúan abertas pero as duchas permanecerán tamén pechadas.

Residencia Volta do Castro

Incerteza e a palabra que mellor define o que sucede na residencia Volta do Castro. Onte pola tarde estaban previstas probas PCR a todos os traballadores ao tempo que os usuarios estaban confinados nas respectivas habitacións. Os únicos datos confirmados son un novo positivo na tarde do domingo e 13 auxiliares de enfermería illadas nos seus domicilios por precacaución.

Compostela reactiva o Centro de Coordinación

O concello reactivou onte o CECOPAL (Centro de Coordinación Operativa Municipal). En este órgano participa, ademais do alcalde e varios concelleiros, a  Policía local, Bombeiros, Protección Civil, Comunicación municipal, o vicesecretario municipal e un representante da Cruz Vermella. A comisión, creada durante o estado de alarma e paralizada en xuño, reunirase cada martes.

As cifras por concellos que facilitamos en Lindeiros non saen da Xerencia do Sergas que só comunica datos globais distribuídos por áreas sanitarias. Os datos que facilitamos son recollidos por Lindeiros das informacións públicas dos concellos, de conversas directas con colaboradores ou de fontes de confianza; por esta razón pode haber pequenas variacións ao longo dos días.

Actualización de datos na bisbarra

A bisbarra continúa con datos preocupantes. O alcalde de Padrón emitía onte un bando no que insistía na necesidade de seguir a normativa e previr de todos os xeitos posibles novos contaxios. O concello súmase aos que crecen en positivos xa que en cinco días pasou de 6 casos a 20 confirmados no día de onte, 17 residentes no municipio e outros 3 con tarxeta sanitaria alí pero que viven en outros lugares.

Lalín ven de suspender as actividades vinculadas á Algarabía e o número de contaxios chega a 35.

O Concello de Melide celebrou na mañá de onte unha Comisión de Seguimento da Covid-19 na que participaron os portavoces dos partidos políticos.  Durante a reunión informouse das medidas preventivas adoptadas polo Concello en relación ao gromo existente na vila e que polo momento mantense con 77 positivos dos que 44 teñen tarxeta sanitaria no concello.

O concello de negreira incrementa o número de positivos e chega aos 19 casos infectados, 3 máis que no día de onte.

Os contaxiados na vila de Ordes tamén seguen crecendo e onte chegaban aos 21 en illamento domiciliario, 2 máis que a semana pasada

Pecha o restaurante Xanxo da Pobra por un positivo. A traballadora, que non tiña contacto coa clientela, levaba en corentena desde a pasada semana ao ser contacto directo dun contaxiado e acabou dando positivo tamén. As probas aos seus compañeiros deron todas negativas pero manterán un confinamento prudencial durante os próximos días. Con este gromo o número de afectados na vila segue en 19.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies