займ срочно

O PP de Santiago propón rebaixas fiscais de 2,3 millóns de euros

0

Compostela, 17 de setembro do 2019 – O grupo Popular do concello de Santiago levará a negociación dos orzamentos unha serie de rebaixas fiscais que poderían “devolver a cidadanía” en torno a 2,3 millóns de euros.

As rebaixas fiscais forman parte dun plan de medidas máis amplo presentado este luns. Dita proposta será trasladada ó Goberno municipal coa intención de que sexa tratada nunha mesa de diálogo antes da elaboración e debate do orzamento municipal.

Segundo puxo de relevo o portavoz municipal do PP, Alejandro Sánchez Brunete, este plan de liberación das cargas fiscais “reflicte un dos sinais de identidade do PP: a protección do contribuínte fronte á insaciabilidade fiscal do Concello” e advirte ao goberno municipal de que “non pode manter unha carga tributaria como a actual” e da necesidade de poñer fin á “fiscalidade pantagruélica” dos últimos anos.

Conforme ás estimacións realizadas, as medidas propostas poderían supoñer unha inxección de ata 2,3 millóns de euros nas economías dos contribuíntes, o que redundaría nun aforro directo para a veciñanza, unha mellora das condicións para o consumo no comercio local ou a incentivación do emprendemento para amplar a actividade económica.

O alcalde non o ve viable

O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, mostrábase contrario a estas medidas ” o concello non ten posibilidade de rebaixar o seus ingresos e ao mesmo tempo atender as súas obrigacións”. Bugallo dixo que tampouco tiñan previsto incrementar a carga fiscal e destacou a diferenza entre ingresos fiscais e carga fiscal “a hipótese que nos plantexamos agora mesmo é que non temos previsto incrementar a carga fiscal pero de ningunha maneira non podemos rebaixar os ingresos fiscais, non é o mesmo carga fiscal que ingresos fiscais”.

9 medidas

O Plan Fiscal que presenta o Grupo Popular contempla principalmente 9 medidas para aplicar ao longo do ano 2020 que inciden nos seguintes apartados: Imposto de Ben Inmobles (IBI), cunha baixada do 4% nos terreos de natureza urbana (que afectaria a uns 90.000 potenciais beneficiarios) e de tamén de natureza rústica (4.500 beneficiarios); o IBI de núcleos rurais, con redución do 90%, 75% e 45% para aqueles inmobles que carezan de 3, 2 ou 1 servizo básicos (3.000 posibles beneficiarios); para vivendas de protección autonómica (1.700 beneficiarios) incremento da actual redución do 35% ata o 50% entre os 3 e 10 anos; e ata un 90% de redacción do IBI para familias numerosas (unhas 700 familias).

Outras medidas afectan a Imposto de Vehículos (máis de 60.000 recibos), cunha baixada de ata 5% en función da potencia fiscal; o imposto de constucións (ICIO), cunha baixada do 10% durante 2 anos para determinadas actuacións consideradas de interese municipal, ao igual que un 9% de rebaixa no imposto de pluvalías, con bonificacións de ata 95% por un especial interese municipal. Tamén se contempla unha bonificación de ata o 50% na cota municipal para o imposto de actividades económicas para as novas iniciativas desde o segundo ano e ata os 5 anos seguintes;  e ata un 95% de bonificación para as que teñan a consideración de especial interese municipal, entre outras posibilidades, pola creación de emprego.

Por último, o Plan Fiscal que propón o Grupo Popular incide na modernización da administración tributaria municipal, con medidas como a creación dunha aplicación especifica tributaria para facer os trámites polo móbil, un borrador anual tributario (semellante ao da Axencia Tributaria estatal, para coñecer e programa o calendario tributario) e un plan para fusionar en 6 cotas ao longo do ano todos os tributos periódicos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies