O que arde, de Oliver Laxe, chega a Curtocircuíto

0

Compostela, 1 de outubro do 2019 – A preestrea de O que arde, de Oliver Laxe, as dez e media da noite no Teatro Principal, será a cita da xornada en Curtocircuíto.

O pase de O que arde contará coa presenza do director e dos protagonistas, Amador Arias e Benedicta Sánchez. Na parte institucional asistirán  Alberto Núñez Feijóo, Presidente da Xunta de Galicia; Román Rodríguez, Conselleiro de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia; Ovidio Rodeiro Tato, Delegado territorial da Xunta na Coruña; Jacobo Sutil, Director da AGADIC; Xurxo Couto, Deputado de Cultura da Deputación da Coruña; Xosé Sánchez Bugallo, Alcalde do Concello de Santiago de Compostela; e Mercedes Rosón, Concelleira de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica e Acción Cultural do Concello de Santiago de Compostela.

Fotograma de O que ardeO pasado mes de maio, Oliver Laxe fixo historia ao converterse no primeiro cineasta español xunto a Víctor Erice en ser seleccionado en Cannes coas súas tres primeiras obras e o único en ser premiado en todas as súas participacións. No certame, O que arde fíxose co Premio do Xurado da Sección Oficial – Un  Certain  Regard de Cannes, o Premio á Mellor Creación Sonora da sección.

O resto do programa

A mañá coma sempre estará dedicada a colexios e institutos a través das sesións de Teenage Riot e Criat

Xa pola tarde, no Teatro Principal terá lugar a segunda sesión da sección competitiva Explora na que ser poderán ver os filmes Now, at Last!, de Ben Rivers; Imperial Valley (cultivated run-off), de Lukas Marxt Mensch; Maschine or Putting Parts Together, de Camhy Adina; Mustererkenntnis, de Thorsten Fleisch; e Never Never Land de Michael Fleming, que presentará a súa sesión e terá un encontro co público posterior a ela.

Ás 20h15 chegará o turno da terceira sesión da sección Radar cos filmes Operation Jane Walk, de Leonhard Müllner e Robin Klengel, RISE, de Bárbara Wagner e Benjamin de Burca; e +6 GAIN, de Jorn Plucieniczak que estará presente na sesión para presentarlle o seu traballo ao público de Curtocircuíto.

A programación desta xornada complétase coas proxeccións no Salón Teatro ás 19h00 dos filmes Werner Herzog Eats His Shoe de Les Blank; Debra Paget, for example, de Mark Rappaport Meet Marlon Brando de Albert e David Maysles, Charlotte Zwerin dentro da sección Filmmakers x Filmmakers.

Ás 19h00 nesta mesma sede terá lugar o encontro ´Café con AGAG: Escaletando o intanxible: o guión nas narrativas experimentais´ moderado polo guionista Marcos Nine e coa presenza de Dani Viqueira, Lucía Estévez, Sol Mussa (seleccionados en Planeta GZ e Supernova) e Paulo Rubal (Xurado AGAG). Nel, os asistentes tratarán de dilucidar os distintos procesos de escritura cos que se aborda una obra de carácter experimental.

Ás 20.30h terá lugar sesión do foco que o festival lle adica nesta ediciíon á figura da cineasta Carole Roussopoulos coa proxección do filme Les mères espagnoles, dirixido Ioana Wieder e a propia Carole Roussopoulos.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial