O Apóstolo 2020 comezou baixo a sombra do Covid

0

Compostela, 20 de xullo do 2020 – Sentido homenaxe o realizado no pregón do Apóstolo 2020 aos servizos básicos da cidade polo seu traballo durante o confinamento.

O Apóstolo 2020 comezou baixo a sombra do CovidO pregón foi coordinado polo xornalista Luís Pardo como representante tamén dos medios de comunicación. Xunto a el estiveron nos balcóns do Pazo de Raxoi Xosé Antonio Perozo como paciente afectado no seu día pola Covid-19, Begoña del Río Martínez e Josué Israel Peña Acosta (Protección Civil); Diana Parente Pampín (Policía Local); Jaime Tizón Davila (Bombeiros); Teresa Furelos Toral e Eva González Santiago (Servizos Sociais); José Luis Barreiro Conde (Cruz Vermella); Gregorio López Albardonedo (Servizo de Parques e Xardíns); Vanessa Pereira Casqueiro (Servizo de Limpeza-Urbaser), Adrián (persoal de supermercado); Guillermo Fernández Iglesias (distribución); Jesús Mariño (gandeiro); Carlos Encisa (educación); Diana Peleteiro Higuero e José Rodríguez Souto (Viaqua), así como membros da Policía Nacional, da Policía adscrita e da Garda Civil de Tráfico.

O Apóstolo 2020 comezou baixo a sombra do CovidLuis Pardo apuntou o “especial” que resultaba ser pregoeiro nas “festas máis atípicas que se lembran”. O xornalista referiuse nas súas verbas á “Compostela que lle plantou cara á pandemia do Coronavirus no seus días máis complicados”, que estivo representada no pregón por todas esas persoas que o acompañaron no balcón.

O Apóstolo 2020 comezou baixo a sombra do CovidAs festas seguen

Máis o Apóstolo continúa como a vida mesma. Hoxe dúas citas na axenda: as sete en Galeras o Carrusel Musical de Pirilampo e as dez na Praza da Quintana do Blues ao alalá por Fuliada na Vila.

Fuliada na Vila é un grupo de músicos reunidos por Richi Casás, arredor das músicas de súa avoa, Rosa Casás, cantadora de Vila da Igrexa, Cerceda. A través da lente do jazz repasan a música tradicional.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial