A VIII edición das carreiras saudables CorreSan comeza o próximo día 21

0

Compostela, 3 de setembro do 2019 – Onte presentouse a oitava edición do circuíto de carreiras saudable de Santiago CorreSan.

CorreSan terá de novo catro probas comezando pola nocturna que percorre o casco vello da cidade e que se celebrará o próximo día 21. Esta proba terá unha distancia de 5,5 kilómetros e a inscrición xa está aberta na web do circuíto. O día anterior celebrarase ademais a gala de entrega dos premios do 2018.

A concelleira de Deportes, Esther Pedrosa, destacou na presentación o compoñente saudable deste circuíto de probas, aberto á participación de calquera deportista habitual ou eventual que desexe acceder á práctica libre do exercicio físico nos diferentes contornos da cidade. Novamente haberá distancias adaptadas para todas as idades, polo que fixo un chamamento á participación da veciñanza de Compostela.

Tamén coincidiu neste chamamento o delegado en Santiago da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín, quen foi o encargado de detallar o calendario de carreiras desta edición. Despois da nocturna o calendario seguirá o 12 de setembro coa Ruta da Prata-Angrois (5,2 km), e o 3 de novembro coa Ruta dos Parques (5,7 km). Esta VIII edición do CorreSan pecharase o 7 de decembro cunha proba que repite tras o éxito do ano anterior, a do barrio de San Pedro, de 5 quilómetros para os adultos.

CorreSan 2019Aínda quedaría por celebrarse unha proba que, se ben non está incluída no Circuíto, si serve de colofón á temporada atlética, a San Silvestre. Ademais, tal como anunciou o secretario da Federación Galega de Atletismo, Carlos Castro, aqueles/as que se inscriban no Circuíto terán a participación de balde nesta proba de peche do ano.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial