Preséntase Co pai, libro inédito de Xosé Neira Vilas

0

Compostela, 9 de outubro do 2019 – Ás oito de esta tarde, no Auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura, preséntase Co pai, un libro inédito do escritor cruceño.

Na presentación pública de Co pai estarán o presidente da Fundación Xosé Neira Vilas, Fernando Redondo Neira, o secretario de política lingüística Valentín García Gómez e Dolores Vilavedra, autora do estudio introdutorio.

Sobre o libro

Na Habana, en febreiro de 2000, o autor de Memorias dun neno labrego, que antes lle dedicara un libro de lembranzas á súa nai, titulado precisamente Nai, decidiu escribir unha serie de prosas relacionadas co seu pai. O título: Co pai, é dicir, as vivencias do narrador co seu pai. As experiencias dos dous xuntos, en común, en compaña nos labores, traballos e problemas domésticos.

portada de Co pai de neira VilasAo ser Neira Vilas o fillo máis vello, foi o que tivo un vencello máis estreito co seu pai na etapa máis vital, de traballo, deste. A memoria do pai aparece dese xeito case sempre unida á casa e aos labores agrarios: “Home multiplicado, a un tempo construtor, carpinteiro, labrego, atendendo as lúas, restrabando e sachando”. Vinte e cinco retrincos dunha relación fundamental, sempre presente na obra literaria do seu autor.

O autor

Xosé Neira Vilas (Vila de Cruces, 1928-2015) é sen dúbida un dos escritores máis sobranceiros do noso país. A súa vida e a súa obra están marcadas pola emigración, que el viviu en primeira persoa en Arxentina e Cuba. Dese sentir nace Memorias dun neno labrego, un dos libros máis famosos das letras galegas. A mestría do Neira Vilas narrador amósase nese e noutros moitos libros que lle valeron o recoñecemento da sociedade galega.

Ao longo da súa vida Neira Vilas recibiu numerosos galardóns, como por exemplo a Medalla Castelao en 1988. Nos Premios da Edición que concede a AGE recibiu o Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor do ano 2010. En 2014, recibiu, na modalidade de Letras, o Premio da Cultura Galega que concede a Xunta de Galicia e en 2015, a Medalla de Ouro de Galicia.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial