Comezou a decimo segunda edición do Santiago é Tapas

0

Compostela, 18 de novembro do 2019 – O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado da presidenta da Asociación Hostalaría Compostela, Sara Santos, membros da Corporación municipal e representantes das entidades e empresas patrocinadoras e colaboradoras, inauguraron o XII Santiago(é)tapas e o I Santiago(é)Cóctel.

O Santiago é Tapas 2019 celébrase ata o 1 de decembro. O grupo achegouse ata o local gañador do segundo Premio do Público do 2018, o TS A Casa, na Rúa de San Pedro.

Un total de 77 locais, a cifra máis alta desde que comezou o concurso, competirán por facerse cos premios ás mellores tapas e cócteles da capital galega. Todos eles poden consultarse na páxina web santiagoetapas.gal, así como na app quedamosdetapas.

Estes establecementos hostaleiros servirán 109 tapas e 25 cócteles entre o 14 de novembro e o 1 de decembro. No caso dos petiscos, celebrarase ademais unha final do 6 ao 8 de decembro con dez propostas finalistas.

O XII Santiago(é)Tapas, o concurso de tapas de Santiago, é un evento organizado pola Asociación Hostelería Compostela, promovido por Turismo de Santiago, co apoio da Deputación de A Coruña, e o patrocinio de Mahou. Tamén colaboran Cash Record, Coca Cola, Finca Viñoa e Aceites Abril; así como o festival de cine Cineuropa, a Asociación de Celíacos de Galicia, o movemento Slow Food e Utimaq. O I Santiago(é)Cóctel é un concurso organizado pola Asociación Hostelería Compostela.

8 (é)Tapas e moitos premios

Nesta XII edición do Santiago(é)Tapas participarán 53 tapas na modalidade tradicional (cun prezo de entre 1 e 2 euros) e 56 tapas na modalidade creativa (de entre 2 e 3,50 euros). Co fin de fomentar o uso de produtos autóctonos e de proximidade, todas elas inclúen, cando menos, un produto pertencente a algunha das denominacións de orixe ou indicacións xeográficas protexidas de Galicia.

No que se refiere ao Santiago(é)Cóctel participarán 13 Cócteles clásicos (cun prezo de 5 euros) e 12 Cócteles creativos (cun prezo de 6 euros).

O público poderá votar polas tapas e cócteles a través dos pousavasos oficiais que atoparán nos locais participantes, depositando o seu voto nas urnas correspondentes.

Para percorrer os distintos locais participantes elaborouse un Tapasporte dividido en 8 (é)Tapas e unha ruta de cócteles. O Tapasporte está dispoñible na Oficina de Turismo de Santiago (Rúa do Vilar, 63) e na sede da Asociación Hostelería Compostela (Rúa Salvadas, 29). Tamén pode descargarse da páxina web santiagoetapas.gal 

O locais deberán selar o Tapasporte a todos os clientes que consuman as tapas, puidendo así optar a numerosos premios por completar as diferentes (é)tapas. Galardóns que inclúen desde entradas para Cineuropa, viaxes no tren turístico ou vales de compra no Mercado de Abastos; ata ceas para dúas persoas, noites de hotel e un voo en ultralixeiro pola Costa da Morte. (Os premios poden consultarse na páxina web).

Gañadores

Todos os establecementos inscritos optarán aos premios do público outorgados a partir das votacións dos consumidores emitidas durante os días de celebración dos concursos Santiago(é)Tapas e Santiago(é)Cóctel do 14 de novembro ao 1 de decembro. Haberá un premio do público á tapa creativa e un premio do público á tapa tradicional, dotados con 700 euros cada un. Así mesmo, premiaranse dous cócteles, un creativo e un clásico, con 500 euros cada un.

Ademais, un xurado profesional seleccionará as dez tapas finalistas dos premios Santiago(é)Tapas, que competirán de novo na final do 6 ao 8 de decembro. A elección das tapas gañadoras dos premios Santiago(é)Tapas 2019 entre as finalistas farase mediante a ponderación da valoración do xurado profesional e a puntuación media obtida dos votos populares. Outorgaran un primeiro e un segundo premio á tapa creativa, dotados con 1.000 e 500 euros, respectivamente; un primeiro e un segundo premio á tapa tradicional, tamén con 1.000 e 500 euros; e un premio maridaxe Mahou, con 500 euros en producto e un showcooking nun evento Mahou.

O gañador do premio Santiago(é)Tapas que obteña unha maior puntuación do voto ponderado do xurado e do público representará a Santiago no concurso autonómico ‘De tapas por Galicia’, organizado por Turismo de Galicia.  

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial