Preséntanse dous textos inéditos de Antón Fraguas

0

Compostela, 30 de outubro do 2019 – O salón de actos do Museo do Pobo Galego acolle, a partir das sete e media de esta tarde, a presentación de dous textos inéditos de Antón Fraguas.

O Consorcio de Santiago e a Editorial Galaxia publicaron Notas compostelás de Antón Fraguas, en colaboración coa Fundación Antón Fraguas Fraguas. Trátase de dous textos do autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas, vencellados á cidade de Santiago e traducidos ao galego por Xesús Domínguez Dono.

Antón FraguasA publicación no Museo do Pobo Galego, do que Antón Fraguas foi o seu primeiro director e un dos seus fundadores. No acto estarán o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Xosé A. Sánchez Bugallo; a xerente do organismo interadministrativo, Belén Hernández; o responsable de Publicacións do Consorcio, Juan Conde; o presidente da Editorial Galaxia, Antón Vidal Andión; xunto ao presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Xusto Beramendi.

Antón Fraguas é un dos principais estudosos da cultura galega, Impulsor na súa Pontevedra natal da Sociedade da Lingua con tan só 18 anos. Alumno de Castelao ou Losada Diéguez cando estudaba o bacharelato. Membro das Irmandades da Fala e colaborador do Seminario de Estudos Galegos. Profesor na Estrada perdeu o posto tras a guerra pola súa ideoloxía galeguista.

Traballo na ensinanza privada ata que en 1950 puido recuperar a Catedra e doutourarse na Universidade de Madrid. Posteriormente seria profesor en Lugo e Aantiago ata a súa xubilación.

Na Real Academia Galega ocupou o lugar do que fora o seu mestre, Castelao; e a súa presentación foi acompañada por ramón Otero Pedrayo, Salustiano Portela e Luís Iglesias.

Foi, entre outras moitas andainas, o creador do Día do Traxe Galego, cita imprescindible nas festas do Apóstolo.

Antón Fraguas

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social media & sharing icons powered by UltimatelySocial