займ срочно

Compostela presentou un estudo sobre o reparto do tempo na cidade

0

Compostela, 3 de outubro do 2018 – As mulleres dedican case 6 horas máis ao día que os homes en coidado de menores, dependentes e traballo doméstico, é unha das principais conclusión do estudo sobre o reparto do tempo na cidade feito en Compostela.

O estudo foi elaborado pola consultora Retnova entre setembro e outubro do 2017. A edila de Igualdade, Marta Lois, deu conta do mesmo nunha rolda de prensa, onde estivo acompañada de Rosa Torrado e María Vilar. Este estudo sobre o reparto do tempo parte de 600 entrevistas onde se recolleu información detallada sobre varias cuestións como o “tempo adicado ao traballo remunerado, os recursos para a conciliación e os usos dos tempos dende o punto de vista do traballo doméstico e dos coidados, tanto de persoas dependentes como de menores”, tal e como silanou Marta Lois.

A edila incidiu en que estes datos “nos permiten comprender como os tempos na esfera privada inflúen na esfera pública das mulleres que son as que acaban por reducir a súa xornada ou dedicarse menos tempo a elas mesmas para dedicarllo ás súas familias”.

Tal e como se aprecia no estudo, a maior fenda de xénero obsérvase na realización de actividades domésticas a cotío, todas elas realizadas en maior proporción por mulleres. Facer a comida principal mostra a diferenza máis acusada nas porcentaxes de mulleres e homes: 74,2 %, fronte a un 28,1 %. Tamén o coidado de menores é evidente esa fenda de xénero xa que as mulleres ocupan unha media diaria de 6 horas e 31 minutos fronte ás 3 horas e 50 minutos que empregan os homes. No caso do coidado de persoas en situación de dependencia as mulleres dedican máis de nove horas, mentres que os homes que o fan, dedican á volta de seis horas e media.

Corresponsabilidade

A encargada do estudo, Rosa Torrado, apuntou á “corresponsabilidade real como forma de acadar a desigualdade dentro do fogar” e apelou á “necesidade de que se adopten medidas no Estado dedicadas a implementar a igualdade neste sentido”.

Outro dos aspectos clave do estudo pasa pola falta de coñecemento das medidas dedicadas á conciliación, xa que algo máis da metade das persoas que responderon á enquisa non sabe o que son. Do 48 % restante que di coñecelas, un 21,8 % non é quen de definilas correctamente. Iso si, as mulleres son as que máis as coñecen e máis uso fan destas medidas, “o que perxudica a súa vida laboral por favorecer a vida familiar”. Nese sentido, o estudo tamén sinala que son os homes os que realizan máis horas extra que as mulleres.

Os espazos que presentan maior grao de utilización global son os supermercados, os centros comerciais e o pequeno comercio. Así, as mulleres utilizan en maior medida ca os homes espazos e servizos vinculados ao fogar e aos coidados, como os establecementos de alimentación e centros de saúde, mentres que os homes acoden máis ca elas a espazos de lecer como as áreas deportivas públicas e ao cine e espectáculos culturais.

Share.

Comments are closed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies